A Xunta estuda cambios no PDR para satisfacer as demandas da apicultura ecolóxica

Publicidade
A Xunta estuda cambios no PDR para satisfacer as demandas da apicultura ecolóxica

Reunión de Belén do Campo co presidente do Craega

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse este luns na sede da Consellería do Medio Rural co presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), José Antonio Fernández Álvarez.
 
Na xuntanza, a directora xeral lembroulle que para solicitar as axudas de agricultura ecolóxica, os apicultores deben ter correctamente xeolocalizados os seus apiarios no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) e ofreceulle os servizos do seu departamento para corrixir estes erros.
 
Ademais, confirmoulle que se vai estudar a posibilidade de cambiar o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para que, no tocante ás axudas á agricultura ecolóxica, os solicitantes poidan ter a posibilidade de ampliar a superficie de hectáreas ou o números de colmeares declarados no tempo de compromiso vixente para estas axudas, que ascende a 5 anos.    

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información