A IXP Mel de Galicia continúa medrando no primeiro semestre do ano

A IXP Mel de Galicia continúa medrando no primeiro semestre do ano

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que preside Esther Ordóñez Dios, destaca o incremento de apicultores e inscritos na IXP. Así, en canto ao número de apicultores inscritos salientan que “continúa in crescendo, superando o dobre con respecto a anos anteriores nestas datas”, ao que habería que engadirlle as novas solicitudes de altas que se prevén ata finais de ano.

Con respecto as colmeas, neste 2016 a IXP Mel de Galicia sumou 2.777 colmeas, quintuplicando o número con respecto a estas datas do ano anterior, cifra que prosegue en ascenso. Ademais, o Consello Regulador certificaba un 30% de mel mais no peche de 2015, porcentaxe que xa conta superar neste ano. Estes datos continúan a situalo á cabeza das denominacións de calidade do territorio español —tanto en número de inscritos, como de colmeas e mel certificada—, abrindo novos mercados en EE.UU, Inglaterra e China.

En canto á colleita de mel deste ano, dende a IXP Mel de Galicia aseguran que “aínda é difícil dar cifras exactas antes da retirada de mel das colmeas, debido sobre todo á estraña climatoloxía que se deu esta tempada”. Non obstante prevén que “a consecuencia das inclemencias do tempo, a colleita na costa verase afectada, mentres que no interior se espera que se salve grazas á silva e ó castiñeiro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información