A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Zoetis desenvolve a terapéutica dos procesos podais de etioloxía infecciosa no II Curso de Podoloxía de Conafe

Ata a vila mariñeira de Candás, en Asturias, desprazáronse preto de 40 profesionais da podoloxía bovina para acudir á segunda edición do curso de podoloxía da Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe), que contou coa colaboración de Zoetis, xunto á Sociedade Cooperativa Galega Seragro, a empresa Anka dedicada ao coidado de pezuñas e a Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid (UCM). A finalidade do curso foi crear un lugar de encontro no que intercambiar coñecementos entre os especialistas asistentes sobre a abordaxe dos problemas de coxeiras nas explotacións leiteiras. Caracterizouse pola combinación de experiencias prácticas xunto a unha actualización teórica.

Gran parte do curso formativo fundamentouse no software I-SAP, o programa de recollida de información de saúde podal para a prevención e o control de coxeiras nas ganderías de vacún de leite, grazas ao cal máis de 1.500 gandeiros teñen toda a información sobre a saúde podal das súas vacas rexistrada e dispoñible para calquera consulta. As novidades deste programa foron expostas por Noureddine Charfeddine, analista de xenómica e xenética de Conafe.

Acudiron tamén como relatores importantes expertos na materia, como Javier Blanco, da Facultade de Veterinaria da UCM, ou Marc Pineda, do Centro de investigación e formación en medicamento veterinario da Universidade de California, UC Davis (EE.UU); ademais de contar, como convidado especial, con Johann Kofler, da Facultade de Veterinaria da Universidade de Viena, especialista de recoñecido prestixio internacional en saúde podal bovina.

Kofler falou das lesións podais máis frecuentes, como a dermatite, a úlcera de sola e a lesión de liña branca, explicando as súas causas, tratamentos e complicacións. Membro moi activo no grupo de traballo de ICAR (Comité Internacional de Rexistro de Animais, polas súas siglas en inglés), sobre saúde podal, Kofler tamén desenvolveu a terminoloxía e definicións das alteracións podais.

Outra interesante intervención foi a de José María San Miguel, veterinario técnico nacional de rumiantes de Zoetis, que explicou a terapéutica de procesos podais de etioloxía infecciosa, como os causados por flemón interdixital e dermatite interdixital e dixital. San Miguel abordou desde o tratamento antibiótico e antiinflamatorio, ata o manexo da dor mediante a analgxsia, así como a resposta do organismo ao disestrés, que pode facilitar a aparición do proceso patolóxico.

A parte práctica levou a cabo nas ganderías S.A.T. Urbasa, SOTO, e La Corona a, da man de Johann Kofler, e Pedro Codesido (Seragro) e Ángel Fernández (Podoloxía Pura).

Acerca de Zoetis
Zoetis é a empresa líder de saúde animal, dedicada a apoiar aos seus clientes e os seus negocios. Construída sobre 60 anos de experiencia en saúde animal, Zoetis descobre, desenvolve, fabrica e comercializa medicamentos e vacinas de uso veterinario complementados por produtos de diagnóstico e apoiados por unha ampla gama de servizos. En 2015, a compañía xerou uns ingresos anuais de 4.800 millóns de dólares. Con 9.000 empregados aproximadamente, os seus produtos serven a veterinarios, gandeiros, produtores e todos aqueles que crían e coidan o gando e os animais de compañía en máis de 100 países. Máis información en www.zoetis.es.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información