A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada informativa sobre a ITEAF en Cambados

Publicidade
Xornada informativa sobre a ITEAF en Cambados

Máquina pasando a ITEAF

Nagar, empresa galega acreditada pola Xunta de Galicia como entidade ITEAF (inspección técnica de equipos de aplicación fitosanitaria), levará a cabo este xoves unha xornada informativa sobre as ITEAF, en colaboración co Concello de Cambados.

Esta xornada terá lugar este xoves ás 18.00 h no Auditorio Municipal do Concello de Cambados e está encadrada dentro do programa da Festa do Albariño.

A esta xornada están convidados profesionais, empresas e representantes dos sectores agrícola, gandeiro e vinícola, así como público en xeral interesado.

Informarase sobre os requisitos que deben cumprir as máquinas fitosanitarias obrigadas a superar unha inspección técnica (ITEAF) antes do 26 de novembro deste ano.

Ademais, informarase sobre o calendario de inspeccións dos próximos meses. Dende a web iteaf.nagarservicios.com estarán actualizados semanalmente todas as datas previstas para realizar estas inspeccións con Unidades Móviles que percorrerán Galicia nos próximos meses.

Para resolver calquera dúbida ou aclaración chamar aos teléfonos 981.79.25.19 ou 647.688.261.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *