VILASILVESTRE_ROBOT_LELY_2

Xornada de portas abertas para coñecer os robots de muxido de Lely

A empresa Lely organiza o vindeiro 18 de xullo unha xornada de portas abertas para coñecer os seus últimos robots de muxido. Conta coa colaboración doutras empresas do sector como Procross ou Khun.

A xornada celebrarase na gandería SAT A Campa, en Fisteus, no concello coruñés de Curtis a partir das 10:00 horas. A asistencia é libre e gratuíta.