A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A vermicompostaxe e a compostaxe como fontes de abono para as hortas urbanas ecolóxicas

A vermicompostaxe e a compostaxe como fontes de abono para as hortas urbanas ecolóxicas

Horta urbana abonada con Ecocelta

As hortas urbanas ecolóxicas son zonas de cultivo creadas nas cidades e nos pobos, que aproximan aos seus habitantes á natureza, á vez que estimulan o autoconsumo. Estas hortas soen crearse en solares que o concello cede co fin de apoiar esta actividade, aproveitando así para poñer en valor zonas en desuso.

Os seus usuarios teñen a oportunidade de poñerse en pleno contacto coa natureza e formar parte dela de forma activa, a través do cultivo de hortalizas e vexetais que máis tarde servirán para enriquecer de froitas e hortalizas o menú diario da familia.

Por tanto, cunha horta ecolóxica estase a fomentar a alimentación orgánica que tan afastada está hoxe en día de ser accesible por todas as familias ao ser, polo xeral, produtos de alto custe. Á marxe do produto final, co traballo na horta cultívanse outros moitos beneficios en forma de coñecementos de agricultura, paz, relax, agarimo cara ao natural; unha infinidade de vantaxes que levan a un incremento na felicidade das persoas que as traballan.

Con todo, non hai que esquecer o duro traballo e os desgustos que en ocasións xera o traballar a expensas da natureza, o mal tempo, unha mala colleita, son algunhas das vicisitudes que tamén hai que sufrir e das que se aprende, polo que a paciencia e o esforzo son alicerces básicos desta práctica.

En aras á sustentabilidade e coidado da natureza e o medioambiente, é importante manter o coidado e o mantemento da horta baixo as premisas do ecolóxico. O ecoloxismo visto como unha forma de respecto cara á contorna e o natural ten múltiples vantaxes para as persoas e para o medio. Por unha banda, as persoas benefícianse na saúde, xa que as hortalizas que cultivan serían 100% naturais sen aditivos químicos que poderían alterar o seu organismo. Por outro lado, contribúese a redución da pegada ecolóxica xa que ao reducirse a compra de produtos fertilizantes, tamén se reduce a contaminación xerada polo uso de carburantes dos transportes.

A vermicompostaxe e a compostaxe: dúas formas de xerar abono natural para as hortas urbanas

Por último, evítase a alteración da natureza, deixándoa medrar ao seu ritmo, sempre como non, con axudas agronómicas que os usuarios da horta realizan en canto ao manexo sustentable da fertilización dos solos. Sen ir máis lonxe, está comprobado que o fertilizante de maior calidade que existe é o humus de miñoca, xerado a partir do consumo de restos de comida e de restos da horta por parte da miñoca vermella californiana. A vermicompostaxe, que é así como se chama á técnica de cultivo de miñocas para a produción de humus, e a compostaxe son dúas maneiras complementarias e respectuosas co medio que están implantadas en todos as hortas ecolóxicas, mostra da súa relevancia nas hortas urbanas.

Grazas a elas o usuario pode empregar o seu propio fertilizante, evitándose así ter que comprar outros cuxa procedencia é doutros países ou rexións e cuxo custo como produtos ecolóxicos compensan cun abono, de colleita propia, seguro e, como non, gratuíto.

Ecocelta Galicia: unha ampla oferta de adubos naturais e de formación en compostaxe e vermicompostaxe

En Galicia, máis concretamente na localidade de Ponteareas, atópase unha pequena empresa adicada á fabricación de fertilizantes e substratos orgánicos e ecolóxicos a partir de materias primas 100% galegas. É Ecocelta Galicia S.L, e leva máis de 13 anos medrando sempre a favor da sustentabilidade medioambiental.

Ademais da fabricación de abonos a empresa posúe un importante Departamento de I+D e Educación ambiental que ofrece cursos, charlas e asesoramento sobre a compostaxe, vermicompostaxe e hortas urbanas. Os adubos e substratos que produce constitúen unha gran oportunidade para aqueles que por falta de espazo, tempo ou recursos non poden ter un composteiro no que facer o seu propio abono para a horta.

Por outra banda, a capacidade de Ecocelta vai máis alá da produción, e tamén ofrece asesoramento para aquelas empresas, escolas ou institucións que queiran implantar hortas urbanas, composteiros e vermicomposteiros e mesmo cubertas verdes nos teitos dos edificios.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información