A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Variedades máis resistentes e dixestibles e novos tipos de picado marcarán o cultivo do millo forraxeiro

Cincuenta técnicos de cooperativas asistiron este martes ás II Xornadas de Delagro sobre manexo integrado do cultivo de millo en Finca Mouriscade. Velaquí as principais conclusións

Variedades de millo capaces de resistir mellor a falta de auga e de lograr rendementos máis uniformes na parcela, e cunha composición celular que as fagan máis dixestibles no rumen da vaca; sistemas de picado que redunden nunha maior conversión da materia seca da planta en leite ou sistemas de seguimento por satélite das parcelas que permitan afinar máis a data óptima de sementeira e de recolección.

Estas son algunhas das liñas de futuro do cultivo do millo forraxeiro que se avanzaron este martes nas II Xornadas de Delagro sobre manexo integrado do cultivo de millo, organizadas pola cooperativa DELAGRO en Finca Mouriscade (Lalín), centro de investigación agrogandeira dependente da Deputación de Pontevedra.

Un total de 50 técnicos déronse cita hoxe nunhas xornadas que continuarán mañá para expor aos gandeiros os resultados dos últimos ensaios realizados por Delagro e por empresas colaboradoras en Finca Mouriscade ao longo do 2018 e do presente ano. Estes ensaios foron de novas variedades de millo de Limagrain, de fertilizantes enriquecidos con selenio da empresa Yara, de herbicidas para millo da empresa Ascenza e do novo sistema de picado de millo Shredlage de Claas.

“Este ano ensaiamos variedades Starcover de Limagrain e os resultados foron moi bos, pois en fincas de calidade agronómica regular obtivemos uns resultados moi bos. Con Yara ensaiamos o fertilizante Nitrograss enriquecido con selenio, tanto no cultivo de herba como no de millo e veremos os resultados cando teñamos as analíticas de como se transmite o selenio tanto á carne como ao leite das vacas e con ASCENZA ensaiamos dous herbicidas con resultados moi dispares. Por último, este é o segundo ano que imos utilizar os sistema de picado Shredlage e os resultados do ano pasado foron moi bos, xa que non se atopa ningún grao de millo enteiro no silo, que é moito máis uniforme, e gañamos entre dous e tres puntos de amidón”,  explica a xefa de Servizo de Mouriscade, María Hermida.

Variedades starcover

En canto ás novas variedades de millo, Martin Cazot, responsable de nutrición animal de Limagrain en Francia, destacou que estas deben ser cada vez máis resistentes ao cambio climático, coas vagas de calor e as secas que acarrea.

Neste sentido, ademais de ter en conta este novo escenario climático á hora de elixir as variedades, recomendou escoller variedades máis dixestibles pois terán máis enerxia para transformar en leite. “O contido de amidón da planta non é sinónimo de máis enerxía, pois esta tamén depende da dixestibilidade das fibras”.

A este respecto, Martin Cazot avanzou que as novas variedades de Limagrain, a liña LGNA de alta dixestibilidade, incrementan de media 2 puntos a súa dixestibilidade respecto ás variedades estandar. “E cada dous puntos de dixestibilidade nunha ración con 15 kilos de materia seca de silo de millo aumentaremos 1 litro a produción de leite dunha vaca”, subliñou.

En canto ao Starvocer, é unha nova variedade de millo de Limagrain na que os graos están recubertos por bacilos que aumentan o tamaño das raíces secundarias e a súa capacidade de aborción, principalmente de auga e de fósforo. “O resultado son plantas que resisten mellor o estrés hídrico, que manteñen mellor o verdor e que medran máis, logrando colleitas máis niformes nunha parcela”, subliñou.

A outra estratexia de futuro de Limagrain, e na que tamén traballan outras compañías de sementes, é na agricultura de precisión. Neste sentido, a multinacional francesa https://www.lgseeds.de/agrility/ está a traballar na súa plataforma Agrility, un servizo gratuíto que prevén que estea plenamente disponible dentro dun ano, e que mediante o seguimento por satélite das parcelas premite ter recomendacións sobre a data óptima de sementeira, a previsión de colleita ou a data idónea de corte.

“A marxe de erro da aplicación é de 1 tonelada por hectárea no rendemento do millo e de 2 puntos de contido de materia seca da forraxe”, destacou Martin Cazot.

Selenio administrado ás vaca a través das forraxes

En canto á fertilización, Yara Iberian está a ensaiar en Finca Mouriscade o seu novo fertilizante Yara Nitrograss Selenium. “Las deficiencias de selenio en ganado vacuno provocan problemas de fertilidad en vacas y de músculo blanco en terneros. Nuestra estrategia es administrarlo directamente a través de la hierba o del silo de maíz y que este pase a la sangre y a la leche del ganado, de una forma mucho más natural, efectiva y sostenible que la administración de selenio a través de bolo ruminal o de inyecciones”, explicou Luis Ángel López, xefe do Departamento Agronómico de Yara Iberian.

Este é o primeiro ano que se texta en Finca Mouriscade polo que haberá que agardar polos resultados das analíticas do contido de selenio nas forraxes, na sangue dos animais e en leite e carne.

Pola súa parte, Estíbaliz de Frutos, do Departamento de Productos Herbicidas de ASCENZA fixo un repaso polas recomendacións que se deben observar á hora de aplicar herbicidas e alertou de que os agricultores disporán cada vez de menos materias activas para combater tanto as pragas e as malas herbas debido ás crecentes restriccións tanto a nivel da Unión Europea como de cada estado.

No caso de Finca Mouriscade, ASCENZA testou este ano por primeira vez dous dos novos herbicidas para millo que lanzarán na próxima campaña: o Deflexo Max e o Deflexo Ultra, sendo este último o que mellores resultados obtivo, especialmente frente aos fariñentos (Chenopodium album).

delagro mouriscade 2

Novo sistema de picado do millo Shredlage

Por último, Julio Vázquez García, responsable de vendas de Claas Ibérica, expuxo as vantaxes do Shredlage, o novo sistema de picado do millo e que se incoporan de serie nas novas picadoras Jaguar das series 800 e 900.

“Os rodillos con este sistema rompen e esgazan tanto os graos, como as follas e os talos, logrando unha fibra máis longa e que pode ser atacada mellor polas bacterias do rume. O resultado é unha maior dixestibilidade do millo, máis producción de leite e que non hai que meter palla na ración”, destacou.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información