A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Uniform – Repro é unha ferramenta áxil e eficiente para o control reprodutivo das granxas”

Analizamos a experiencia do equipo de Serivet Asturgalaico no uso da versión multiexplotación do software Uniform - Repro

“Uniform – Repro é unha ferramenta áxil e eficiente para o control reprodutivo das granxas”

Mari, administrativa en SeriVet Asturgalaico.

No outono publicamos unha entrevista a Eduardo, un veterinario e gandeiro de Álava que utiliza o noso software para a xestión da súa explotación. Neste artigo traemos a experiencia de Mari, administrativa en SeriVet Asturgalaico, cuxas oficinas están en Ribadeo (Lugo), aínda que os veterinarios do equipo móvense por varias provincias. Mari é a única persoa na oficina e leva xa máis de 20 anos traballando nesta empresa, que a día de hoxe conta con 6 veterinarios, 4 socios e 2 contratados. Este equipo é coñecido pola súa experiencia no sector, ofrece servizos de control reprodutivo, alimentación mellora xenética e ADS.

En Serivet utilizaron varios programas de xestión de granxas en versión multiexplotación e desde hai uns meses son usuarios de UNIFORM-Repro, que foi instalado nun servidor para que todo o equipo teña acceso ao programa.

Mari explica en detalle a dinámica de traballo: “Traballamos moito o control reprodutivo das explotacións e gústanos ter boa información. Na rutina diaria, utilizamos listados e cadros reprodutivos que elaboro a comezos de cada ano. Así, os veterinarios encárganse de actualizar os datos na lista que levan ao visitar as granxas. Nesas listas, tamén enchen os resultados da visita e entréganmo a min. Eu encárgome de recopilar todos os datos e introducilos no programa para manter actualizadas as bases de datos das granxas. Despois, entregámoslle periodicamente informes aos gandeiros da súa evolución para poder asesoralos.”

“Coas bases de datos actualizadas, podemos seguir planificando o traballo de forma eficiente. Dedico unha media de dúas horas e media ao día ao rexistro de datos, na primeira quincena do mes é máis porque faise control reprodutivo en moitas gandarías. Aínda que é certo que en UNIFORM non me leva moito tempo rexistrar os datos das listas, por exemplo, dunha granxa cunhas 150-200 vacas en muxido, que teña na lista de control veterinario unhas 40-50 vacas, tardo entre 5 e 8 minutos en introducir todo.”

“En actualizar os datos dunha gandería que teña 40-50 vacas na lista de control, tardo entre 5 e 8 minutos”

“Probamos outros programas, pero ante as opcións que ofrecía UNIFORM decidimos cambiarnos. É importante o rexistro de datos neste tipo de servizos, para saber que animais hai que controlar e poder valorar a evolución dos animais e do rabaño en xeral. Para dar un bo servizo necesítase ter datos actualizados”.

Programa completo
“O que nos gustou de UNIFORM-Repro é que é un programa moi completo, dá moita información de como está en todo momento a gandaría. Tamén buscabamos un produto áxil no rexistro de datos, e UNIFORM-Repro o é, non me custou case nada adaptarme ao programa. Ten en conta que eu dedico gran parte do meu tempo a rexistrar datos, necesito unha ferramenta sinxela e que me simplifique o traballo”.

UNIFORM-Repro pode ser unha ferramenta moi poderosa, se se sabe utilizar adecuadamente, por iso, en UNIFORM-Agri ofrécense unhas sesións de formación inicial e soporte en todo momento aos usuarios.

Con respecto a isto, Mari comentounos: “En todo momento puiden expor dúbidas e resolvéronmas enseguida. A atención é inmediata, se non é no mesmo día, é nos seguintes días. O feito de que se poida conectar a través de TeamViewer (aplicación que permite acceso remoto a computadores) é moi cómodo, ademais permite que o usuario vexa en directo como se soluciona e así se aprende. É moi bo sistema.”

Vantaxes
Ao preguntar sobre que é o que máis lle gusta do programa, Mari respondeunos que o abanico de opcións para xerar informes:

“Aínda non profundamos o tema dos informes, estamos a investigalo para decidir que lle imos entregar aos gandeiros. Polo que fun pescudando, hai moitísimas opcións, hai informes moi completos e, ademais, existe a opción de crear informes personalizados de practicamente todo o que se queira, para min é algo extraordinario. É a gran vantaxe de UNIFORM-Repro. Tamén me gusta moito ter axustes personalizados para cada granxa”.

Desenvolvemento

Por suposto, tamén quixemos ouvir que melloraría, para tomar nota e seguir desenvolvendo o software:

Gandería que traballa con Uniform.

Gandería que traballa con Uniform.

“Gustaríame que os cadros reprodutivos fosen máis flexibles, que houbese opción a personalizalos un pouco. Por exemplo, a orde na que se queren mostrar as vacas, para que lle sexa máis fácil identificalas no cartón ao gandeiro. Algúns fano por número, outros por nome. Tamén o ter un calendario máis aberto para as datas de revisións na lista de control veterinario estaría ben”.

Mari fixo suxestións desde o principio e é unha usuaria moi activa. Nos próximos meses vaise lanzar a seguinte versión de UNIFORM-Repro, na que estes dous aspectos comentados por Mari foron mellorados e poderase establecer unha orde personalizada nos cartóns e unha data flexible na lista de control veterinario.

En xeral, en SeriVet Asturgalaico están satisfeitos co cambio. Mari recoñece que, dentro do equipo, hai quen presentou máis resistencia ao cambio, pero ela, que é quen o manexa a diario, soubo mostrarlles os beneficios que ten.

Por último, pedímoslle que definise UNIFORM-Repro versión Multiexplotación en tres palabras e, tras pensalo un pouco, fíxoo nunha: “Áxil. Englóbao todo: áxil en solucionar problemas, en rexistrar datos e en xerar informes, xa que permite personalizar. Adáptase ao usuario.”

Se queres máis información ou che interesa probar ti mesmo o software UNIFORM-Repro en versión multiexplotación ou para gandaría, podes contactar con:

Almudena Molinero Argüello
695 45 67 35
almudena (arroba) uniform-agri.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *