A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Uniform-Agri celebra as súas xornadas para distribuidores

A firma, que xestiona un software líder na xestión de explotacións lácteas, informou ó equipo de colaboradores sobre as innovacións introducidas na nova versión do programa

Uniform-Agri celebra as súas xornadas para distribuidores

Reunión de distribuidores de Uniform Agri.

Desde hai algúns anos, Uniform-Agri organiza unha vez ao ano unhas xornadas para reunirse cos distribuidores de todo o mundo. Este ano, a reunión tivo lugar en Assen (Holanda), onde se atopan as oficinas centrais da empresa, do 3 ao 6 de setembro.

Ao evento acudiron 45 persoas de 18 países diferentes, desde Corea do Sur ou Exipto até Brasil, pasando por unha ampla representación de países europeos.

Ao longo das tres xornadas presentáronselle aos nosos colaboradores as novidades da versión 5.3 do noso programa de xestión de explotacións, lanzada este ano, e profundouse nas ferramentas analíticas de fertilidade, produción, saúde e eficiencia económica. Tamén se dedicou tempo a especificacións técnicas de ligazóns con outros sistemas, coa participación de relatores de empresas coas que traballamos, como Smartbow ou Nedap.

Foron tres días intensos, enfocados a formar en profundidade aos nosos colaboradores para que, de volta nos seus lugares de traballo, poidan darlle ao cliente un servizo excelente, unha cuestión que é fundamental para Uniform-Agri. Por iso organizamos periodicamente estas xornadas e ademais aproveitamos para reunirnos individualmente cos distribuidores de cara a escoitar as súas suxestións.

En Uniform-Agri estamos moi contentos co resultado, fixéronse suxestións interesantes para mellorar o programa e houbo gran expectación e entusiasmo acerca das novidades do programa. É moi satisfactorio ver como se cumpren as expectativas e necesidades dos que colaboran connosco.

Se quere saber quen son os nosos colaboradores e distribuidores, pode consultalos na nosa páxina web.

Distribuidores de Uniform Agri.

Distribuidores de Uniform Agri.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *