A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Un estudo demostra que Bio-Mos® aumenta a ganancia de peso en becerras e a produción de leite na primeira lactación

Permite un incremento de peso a maiores de 3,7 quilogramos nas tenreiras destetadas aos dous meses de idade e duns 99,7 quilogramos máis de leite na primeira lactación

Un estudo demostra que Bio-Mos® aumenta a ganancia de peso en becerras e a produción de leite na primeira lactación

Os produtores lácteos buscan obter a máxima produción e produtividade dos seus rabaños a longo prazo desde o primeiro momento e o crecemento previo ao destete dunha tenreira leiteira é un bo indicador. Aínda que a diarrea é un dos factores adversos máis comúns en trastornos asociados a unha mala dixestión e a ganancia de peso en tenreiras, demostrouse que a suplementación con Bio-Mos® aumenta o rendemento e mellora a saúde intestinal.

Unha recente metaanálise levada a cabo pola Dra. Anna Catharina Berge, de Berge Veterinary Consulting BVBA, chegou á conclusión de que o uso de Bio-Mos® como suplemento no leite ou nun substituto do leite incrementa a ganancia de peso diaria en becerras.

Estes ensaios mostraron, máis ou menos, unha ganancia de peso de 63,5 gramos ao día en tenreiras leiteiras antes do destete, o que equivale a un incremento de peso de 3,7 quilogramos nas tenreiras destetadas aos dous meses de idade. A mellora do rendemento a longo prazo en xovencas cuxo aumento de peso foi maior antes do destete equivalería a 99,7 quilogramos máis de leite na primeira lactación, cos consecuentes ingresos adicionais para a explotación, ademais do fortalecemento da saúde intestinal e a función dixestiva.

“Estes resultados representan un incremento significativo da ganancia de peso diario media”, sinala Aidan Connolly, director de innovación e vicepresidente de contas corporativas de Alltech. “Este incremento xera maiores beneficios para o produtor debido á maior produción de leite e a potenciación da saúde, o desenvolvemento e a produtividade a longo prazo”, engade.

A metaanálise incluíu 23 estudos de rabaños realizados en EE. UU., Reino Unido, Brasil, Chile, República Checa, a India, Xapón, Perú, Polonia, España e Turquía entre 1993 e 2012. Administráronse entre 2 e 10 gramos ao día de Bio-Mos como suplemento, cunha cantidade media de 3,8 gramos ao día. En 21 dos estudos recóllese un incremento da ganancia diaria de peso das tenreiras alimentadas con Bio-Mos no leite ou nun substituto do leite en comparación coas tenreiras de control.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *