A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Un estudo de Zoetis conclúe que o secado selectivo non implica máis casos de mamites no rabaño

Un estudo de Zoetis conclúe que o secado selectivo non implica máis casos de mamites no rabaño

Zoetis presentou os resultados preliminares do seu proxecto de Secado Selectivo. Un estudo multicéntrico que engloba preto de 1.500 animais procedentes de explotacións de vacún de leite de diferentes tamaños e localizacións de España (Galicia, Navarra, Cataluña, Burgos e Córdoba), e do que agora se presentaron os primeiros resultados correspondentes a un grupo de 624 animais en total.

O Secado Selectivo consiste en aplicar o antibiótico só cando sexa estrictamente necesario segundo os registros de Recontos de Células Somáticas (RCS) e os resultados do Test de california (CMT) realizado ao secado, é dicir, traballar con datos para realizar tratamentos baseados en evidencias.

Dos animais secados só con selador, un 5,5% desenvolveu mastite clínica, prácticamente igual que os animais secados con selador e antibiótico, que foi o 5%

O protocolo xeneralizado que se seguiu no proxecto foi tomar o Reconto de Células Somáticas (RCS) e o Test de california (CMT) como fonte de información; sendo o punto de corte as 100.000 células/ml. Así, se o ultimo control estaba por baixo de 100.000 células/ml e o CMT era negativo ao secado, aplicábase á vaca únicamente un selador da ubre; en caso contrario, aplicábase tamén antibiótico.

Os resultados preliminares, que inclúe a un total de 624 animais, reflicten que tendo secado ao 55% destes animais únicamente con sellador, tan só un 5,3% do total dos animais desenvolveu mastites post parto (nos primeiros 30 días despois do parto). Dos animais secados só con sellador, un 5,5% desenvolveu mastitis clínica, prácticamente igual que os animais secados con selador e antibiótico, que foi o 5%.

O estudo tamén mostra que nalgunhas das explotacións desenvolvéronse máis mastites no grupo de vacas tratadas con antibióticos e sellador, fronte ao grupo que só foi tratado con sellador.

Como principal conclusión, valorando os indicadores de saúde de ubre, obsérvase que non hai un cambio significativo nos mesmos malia non incluír o antibiótico de base no tratamento de secado do animal.

Nacemento do proxecto

As directrices da Comisión Europea para unha utilización prudente de antimicrobianos na medicina veterinaria (2015/C 299/4) establecen que hai que “evitar o tratamento sistemático das vacas no secado, ademais de estudar e aplicar medidas alternativas caso a caso”, ademais de “establecer medidas de hixiene exhaustiva e estratexias de boas prácticas e xestión agrícolas para reducir ao mínimo o desenvolvemento e a difusión da mastites en vacas leiteiras”, e “promover a utilización de probas de diagnóstico rápido para identificar os patóxenos causantes da mastites, co fin de reducir ao mínimo a utilización de antimicrobianos intramamarios e inxectables nas vacas de leite”.

Atendendo a estes argumentos e á inquietude dos propios técnicos, Zoetis puxo en marcha o proxecto Secado Selectivo, co obxectivo de mostrar ao sector unha experiencia práctica dun novo enfoque do periodo seco mediante unha estratexia global que implicase, ademais de minimizar o estrés dos animais, controlar a densidade e mellorar a hixiene, realizar un uso responsable dos antibióticos.

O grupo de traballo de Secado Selectivo formouse a finais do ano 2016 con cinco veterinarios de campo especialistas en calidade de leite á fronte – Chus Fernández (Calidad Pascual), José María Hernandorena (consultor), Demetrio Herrera (Q-Llet), Gema Moyano (COVAP) e Carlos Noya (Seragro) – xunto coa colaboración do Equipo Técnico de Rumiantes de Zoetis e Luís León, especialista en calidade de leite de Zoetis Alemania.

Logo_SecadoSelectivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *