A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga recolle o premio ‘Galicia Segura’ pola súa labor na mediación de seguros

A firma galega dálle servizos a máis de 8.000 clientes e ten aseguradas case 100.000 cabezas de gando

Ucoga recolle o premio ‘Galicia Segura’ pola súa labor na mediación de seguros

O director xeral de Ucoga, Iván Novo, primeiro pola esquerda, co resto dos premiados.

O paraninfo da Universidade de Santiago acolleu a entrega dos premios Galicia Segura 2018, destinados a recoñecer os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas e profesionais pola súa adicación ó sector do seguro. Entre as firmas galardonadas esta edición, figura Ucoga, a primeira correduría de seguros galega especializada no sector agroalimentario, que recibiu o Premio Galicia Segura á Mediación en Seguros.

O premio a Ucoga representa o primeiro galardón concedido a unha correduría galega na última década. A empresa, fundada no 2013, conta con máis de 8.000 clientes, atende 14.000 sinistros ó ano e ten aseguradas preto de 100.000 cabezas de gando.

“Sentímonos moi orgullosos de traer de novo este premio a Galicia, que hai xa unha década que non se lle concedía a unha correduría galega. Sen dúbida, supón un gran recoñecemento á labor que vimos desenvolvendo, máxime se temos en conta a curta vida da nosa compañía, que en tan só cinco anos convertiuse nunha referencia no sector”, destacou na recollida do premio o director xeral de Ucoga, Iván Novo.

A cerimonia de entrega dos premios, organizados pola Fundación Inade, estivo presidida polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; o concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios; a presidenta do xurado desta edición, Pilar González; o presidente do patronato da Fundación Inade, Antón Cobián, e director da mesma, Adolfo Campos.

Desde a Fundación Inade sinalaron que, entre as razóns do xurado para concederlle a Ucoga esta distinción, destacou a súa “capacidade para convertirse no vertebrador da xerencia de riscos e o seguro no sector agroalimentario no norte de España, contribuíndo á mellora da gobernanza nas cooperativas e á xerencia de riscos nas explotacións gandeiras, axudando tamén á regulación do transporte no sector agroalimentario”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información