A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

UCOGA axuda na tramitación de indemnizacións aos afectados polos incendios

UCOGA axuda na tramitación de indemnizacións aos afectados polos incendios

A correduría de seguros UCOGA lamenta profundamente os danos naturais e persoais causados polos incendios e informa os damnificados sobre as actuacións pertinentes que estes poden reclamar nos próximos días.

Calquera persoa que sufrise accidentes corporais con motivo da súa participación nos traballos de extinción dun incendio forestal, terá por defecto e de maneira gratuíta un seguro de accidentes fornecido polo Consorcio de Compensación de Seguros. O accidentado, o beneficiario (herdeiro caso de morte) ou o seu representante deberán formular, tan pronto como lles sexa posible, a oportuna reclamación ao Consorcio.

Desde UCOGA ofrécense a axudar na tramitación deste seguro co Consorcio, para que poida axilizar a xestión e recibir as indemnizacións no menor tempo posible.

En calquera caso, UCOGA queda á súa disposición para facilitarlle información tanto sobre o contido deste seguro, como sobre a súa tramitación, no teléfono 981 93 50 04.

UCOGA é unha correduría de seguros especializada no sector agroalimentario, cuxa actividade se despregan principalmente na contorna cooperativa do noroeste de España. Fundada no ano 2013, na actualidade conta con máis de 5.200 clientes e presta servizo a preto de 500 explotacións agrogandeiras en Galicia e Asturias. UCOGA xestiona a súa actividade baseándose nos servizos de 17 das principais compañías aseguradoras de España.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información