TATO_WEB

Tató: leite maternizado para maximizar o crecemento dos becerros

A cooperativa Delagro promociona estes días o seu leite maternizado Tató, especial para lograr un máximo crecemento dos tenreiros, tanto de gandarías de leite como de carne.

Unha boa alimentación nas primeiras fases de crecemento é fundamental. Diversos estudos mostran que hai unha relación positiva entre a cantidade e a calidade do leite maternizado tomado nas primeiras 4 semanas de vida e a cantidade de leite producido posteriormente pola futura vaca.

Como saber se un lacto-reemplazante é de calidade?

Neste sentido, para comprobar a calidade dos distintos tipos de leites maternizados que existen no mercado, desde Delagro recomendan fixarse en 3 elementos da súa composición:

-A proteína:
Non é tan importante a cantidade de proteína como a súa orixe. A mellor é a de orixe láctea, xa que as de orixe vexetal non son tan dixestibles para os tenreiros, especialmente nas 3 primeiras semanas de vida, un período crítico no que o sistema encimático do animal está pouco desenvolvido.

-O nivel de fibra:
O nivel de fibra indícanos a orixe de proteínas e azucres: a menor nivel de fibra maior contido de proteína láctea.

-Graxas:
Na calidade e a porcentaxe da graxa inflúen varios factores, como son:

Aspectos nutricionais: O importante é que teña un perfil de acedos graxos similar ao leite de vaca.

Nivel enerxético: A cantidade de graxa necesaria é aquela que proporciona o nivel de enerxía adecuado. As condicións climáticas da Cornixa Cantábrica e de Galicia, con temperaturas baixas e choiva, recomendan niveis de graxa de entre o 18 e o 16%.

Facilidade de manexo: Canta máis graxa, máis difícil será de mesturar. Aconséllanse graxas que se dilúan á temperatura de mesturado.

Neste sentido, Delagro ofrece aos gandeiros dous tipos de leites maternizados que logran un óptimo crecemento na recría e que poden ser fornecidas en todos os sistemas de alimentación:

Vantaxes de Tató Elite

Materias primas:
Está composta nun 79% por produtos lácteos, dos que o 44% é soro de leite en po; un 28% é soro de leite parcialmente deslactosado e un 7% lactoalbúmina en po.

As graxas e os aceites representan o 17% da composición, e son de orixe vexetal: de palma e de coco.

Ademais, incorpora un 3% de glute de trigo co-spray e unha premezcla de vitaminas (A, D3 e E) e minerais.

Composición analítica:
Tató Elite ten un 18% de graxas brutas, outro 18% de proteína bruta, un 47% de lactosa, un 9% de cinzas brutas, 0,8% de calcio, outro 0,8% de fósforo e un 0,05% de celulosa bruta.

Dosificación:
A concentración orientativa de lacto-reemprazante necesaria por litro de auga será de 145 gramos, ou o que é o mesmo: débese mesturar 1 quilogramo de concentrado con 7 litros de auga para obter 8 litros de leite maternizado.

O gandeiro adaptará esta proporción recomendada ao tipo de gando, manexo e obxectivo produtivo.

Manexo:
Engadir a cantidade requirida de lacto-reemprazante na metade de auga a entre 45 e 50 graos de temperatura. A continuación, bater enerxicamente e cando o produto estea disolto de forma homoxénea, engadir a outra metade de auga ata alcanzar a correcta concentración. A temperatura final deberá estar entre os 36 e os 40 graos.

Tató Premium 60:

Materias primas:
Está composta nun 83% por produtos lácteos, dos que o 60% é leite desnatado en po e un 23% é soro de leite en po.

As graxas e os aceites representan o 16% da composición, e son de orixe vexetal: de palma e de coco.

Ademais, incorpora unha premezcla de vitaminas (A, D3 e E) e minerais.

Composición analítica:
Tató Premium 60 ten un 19% de graxas brutas, un 23% de proteína bruta, un 48% de lactosa, un 7,5% de cinzas brutas, 0,9% de calcio, un 0,7% de fósforo e un 0,1% de celulosa bruta.

Dosificación:
A concentración orientativa de lacto-reemprazante necesaria por litro de auga será de 145 gramos, ou o que é o mesmo: débese mesturar 1 quilogramo de concentrado con 7 litros de auga para obter 8 litros de leite maternizado.

O gandeiro adaptará esta proporción recomendada ao tipo de gando, manexo e obxectivo produtivo. Recoméndanse dúas tomas diarias.

Manexo:
Engadir a cantidade requirida de lacto-reemprazante na metade de auga a entre 45 e 50 graos de temperatura. A continuación, bater enerxicamente e cando o produto estea disolto de forma homoxénea, engadir a outra metade de auga ata alcanzar a correcta concentración. A temperatura final deberá estar entre os 36 e os 40 graos.

En ambos os casos, Tató preséntase en sacos de 25 quilogramos e palets de 60 sacos.

Como recomendación xeral tamén se aconsella limpar a fondo todos os elementos cada día e pechar os sacos despois da súa utilización. Débense tamén respectar uns horarios fixos na subministración de leite aos becerros, que se proporcionará a partir do terceiro día de vida, unha vez realizado un correcto encostrado. Lembrar tamén que os tenreiros deben consumir como mínimo 1 quilo de penso de iniciación ao día antes de proceder ao destete.

Promoción de agasallo de mantas para becerros

TATO_2Delagro ten en marcha unha oferta promocional para Tató Premium 60 e Tató Elite: por cada 5 sacos regalarase ao cliente 1 manta térmica para tenreiros, unha peza que axuda a reducir a perda de calorías e, por tanto, a mellorar no inverno en crecemento dos animais.