A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Substrato universal Ecocelta: O punto de partida para lograr un bo cultivo

Substrato universal Ecocelta: O punto de partida para lograr un bo cultivo

O substrato universal é un material sólido e natural de base orgánica, deseñado para facilitar o desenvolvemento das raíces e achegando os nutrientes esenciais para o crecemento das plantas.

O Substrato Universal de Abonado Ecolóxico Ecocelta, certificado para utilizar en agricultura ecolóxica, elabórase a partir dun 45% de Compost Ecocelta, un 20% de Humus de Miñoca Ecocelta, un 30% de Turba de Sphagnum e un 5% de perlita. Dispón da Certificación Ecolóxica concedida por INTERECO e está elaborado integramente en Galicia.

O seu baixo contido en metais pesados clasifícao como substrato de clase A. Outra característica do substrato universal Ecocelta é que contén humus de miñoca Ecocelta que mellora a microbioloxía e as calidades físico-químicas do produto final.

Destacan as súas propiedades físicas como a porosidade, importante no equilibrio auga/aire, a súa densidade, que facilita a súa manexo en viveiros, a súa estrutura fibrilar, que asegura unha retención de auga óptima.

Ademais, o substrato abonado contén unha baixa salinidade e elevada capacidade de estabilización do pH. Aínda sendo un substrato totalmente natural, carece de sementes de malas herbas e patóxenos humanos e vexetais.

Contén Perlita expandida, útil nos semilleiros hortícolas, xa que favorece a aireación do terrón, aumentando o número de raíces. Tamén aumenta a resistencia a enfermidades.

Composición:

1) Humus de miñoca: O humus de miñoca de Ecocelta, con certificación ecolóxica, contén un alto valor agronómico para mellorar a estrutura dos solos e ademais unha excelente capacidade de humificación e un alto nivel de microbioloxía benéfica.

2) Osíxeno: A porosidade concedida polos elementos que compoñen o substrato facilita a aireación. O osixeno é un elemento imprescindible para que os microorganismos do solo poidan desenvolver óptimamente as súas actividades vitais.

3) Materia orgánica: O substrato de Ecocelta contén un 50 % de materia orgánica ( mo). A importancia deste elemento reside en que a súa descomposición por parte dos microorganismos ao longo do tempo libera aos poucos os nutrientes. É dicir, constitúe unha reserva ante a perda de nutrientes por lixiviación.

ECOCELTA_COMPOSICION

Beneficios agronómicos:

-Apto para agricultura ecolóxica.
-Amplo ámbito de aplicación.
-Mellora a eficacia do desenvolvemento das plantas.
-Favorece a circulación de aire, auga e nutrientes. (

1) Produto certificado para utilizar en agricultura ecolóxica segundo regulamentos (CE) 834/2007 e 889/2008

Máis información:

Departamento Técnico Comercial
M. 685 89 11 33/44
T. 986 64 54 87

http://ecocelta.com/es/3-productos

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información