A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Solucións herbicidas e insecticidas para o cultivo do millo

A empresa Kenogard organiza unha reunión informativa o mércores 28 en Teo, nas proximidades de Santiago, para presentar os novos produtos incorporados ao seu catálogo de millo

Solucións herbicidas e insecticidas para o cultivo do millo

Aplicación de herbicida no cultivo do millo.

A empresa Kenogard organiza unha xornada informativa aberta que se orienta a divulgar os novos produtos que incorporou ao seu catálogo do cultivo do millo. A sesión desenvolverase o mércores 28 de febreiro no restaurante Los Robles (Montouto, Teo, a 3 km. de Santiago de Compostela). Na xornada, exporanse as características de Kenotrin® Geo, insecticida granulado para control de pragas do solo, e de Permit®, herbicida exclusivo para control de xuncias (Cyperus rotundus) e outras malas herbas.

A xornada é de acceso libre, pero para unha boa organización, pídese confirmación da asistencia, ben por teléfono (629-86.52.61 / 881-895.310) ou correo electrónico ([email protected]). A sesión contará coas intervencións de Juan José Prats (product manager de insecticidas de Kenogard) e de Elena Izquierdo (product manager de herbicidas).

‘KenoTrin® Geo’, control insecticida desde o comezo

kenotrin geo kenogard

‘Kenotrin Geo’ é un insecticida desenvolto para o control de pragas do solo que poden atacar ó millo nos seus primeiros estadios (sementeira e implantación). O produto combate vermes grises (rosquillas, agrotis), vermes de alambre (elatéridos, agriotes), vermes brancos (Melolontha) e outros.

O produto está formulado a xeito de microgránulos, con ausencia de po, de xeito que a súa materia activa está protexida e vaise liberando de xeito progresivo. Esta formulación, coa tecnoloxía ‘G plus’, permite combinar a rapidez de acción xunto cunha axeitada persistencia no solo, aumentando o periodo de protección do cultivo.

O insecticida debe aplicarse a doses de 10-15 kg./hectárea no momento da sementeira, localizando o produto en liña con máquinas ou equipos de microgránulos habilitados para este tipo de aplicación.

Permit®, a solución ideal para problemas de xuncia

permit kenogard

Permit® é un herbicida específico para control de ciperáceas e dalgunhas dicotiledóneas no cultivo de millo. Unha mala herba que está a provocar importantes afeccións no millo é a xuncia (‘Cyperus rotundus’), unha especie perenne que ten un extenso sistema de tubérculos e rizomas que permanecen viables no solo durante varios anos. As labores mecánicas propias do cultivo do millo contribúen a favorecer a rotura dos rizomas existentes, xerando parcelas con graves infestacións de xuncia, coa conseguinte perda de rendibilidade no cultivo.

Permit® posee un modo de acción diferenciado que demostrou unha alta eficacia. Aplicado en post-emerxencia das malas herbas, é totalmente selectivo para o cultivo, recomendándose a súa aplicación en millo con entre 2 e 8 follas verdadeiras. Ademais do control de xuncias, o herbicida obtén bos resultados sobre dicotiledóneas como Abutilon sp., Xanthum sp., o Diplotaxis sp.

Para complementar a eficacia e o espectro de acción de ‘Permit’, recoméndase a mestura con outros herbicidas de post-emerxencia en millo, como Oceal®, Shiver®, Redeem® ou Birdie®, seleccionando o produto e a dose en función do tipo e tamaño das malas herbas presentes na parcela.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información