A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Santa María do Val estrea instalacións

A cooperativa inaugura mañá, ás 12:00 horas, a remodelación da súa tenda Mercaval, de 1.600 m2, no Val, en Narón.

Santa María do Val estrea instalacións

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o presidente do Val, José Benito Castro, e o presidente de Mercarural, Javier Taboada, participarán no acto de presentación

A cooperativa Santa María do Val, situada na localidade de Vilacornelle- O Val (Narón), presentará o día 4 de xuño a remodelación da súa tenda agraria, que renovou tanto para aumentar o catálogo de produtos coma para modernizar a súa imaxe.

A nova superficie, que toma o nome de Mercaval, consta de 1.600 m2 repartidos en diferentes áreas de produtos. Así, o establecemento dispón dunha agrotenda con variados produtos específicos para os profesionais da agricultura e a gandaría; inclúe tamén un espazo Garden, con artigos de xardinaría e plantas

O novo Mercaval contén unha área de supermercado que ofrece unha ampla selección de produtos frescos nas súas seccións de carnizaría, peixaría e froitaría, ademais doutros produtos de alimentación e de uso doméstico.

Co fin de dotar ao renovado establecemento dunha imaxe corporativa e unhas estratexias comerciais de alto nivel que aseguren a rendibilidade para os clientes e a cooperativa, o Val optou por seguir os criterios propostos polo proxecto Mercarural, creado pola cooperativa de segundo grao Delagro, da cal é socia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *