A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Presentada a programación da Feira do Viño do Ribeiro 2017

Presentada a programación da Feira do Viño do Ribeiro 2017

Presentación da 54 Feira do Viño do Ribeiro na Coruña

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), levou a cabo a súa presentación oficial este martes na cidade da Coruña.

Dende o máis salientable da presentación fíxose especial mención ao alto número de participantes, o maior rexistrado nos 54 anos de existencia do evento, alcanzando un global de 42, entre adegas e colleiteiros.

As actividades enogastronómicas, catas e showcookings, a cargo de cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, a cata popular (onde se poderán catar a cegas todos os viños presentes na feira), unha zona de gastronomía con varias Food Trucks e unha pulpeira, acompañados polas actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, centrarán o principal da programación.

Outros focos de atracción serán tamén a actividad “Ribeirolandia”, que funcionou con éxito na edición anterior que deixou moi satisfeitos aos máis pequenos, as actividades de maxia, ou a oferta de traslado en autobús dende Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

No acto interviron Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; José Ignacio Gómez Pérez, alcalde do Concello de Ribadavia; Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro; María López Touza, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Ribadavia, e Daniel López, cociñeiro do Restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol), participante nas actividades enogastronómicas da 54ª FVR.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *