A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Pensos ecolóxicos, ¿como se elaboran e de onde proceden os ingredientes?

Os pensos ecolóxicos teñen a particularidade de estar baixo a regulación normativa específica da UE referente á produción agrícola e gandeira ecolóxica. Dende Ecofeed explican como se elaboran.

Pensos ecolóxicos, ¿como se elaboran e de onde proceden os ingredientes?

A cooperativa Campoastur elabora o penso ecolóxico Ecofeed

Os pensos ecolóxicos teñen a particularidade de estar baixo a regulación normativa específica da UE referente á produción agrícola e gandeira ecolóxica.

A súa principal característica é que estes pensos se fabrican con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica, non modificados xenéticamente e libres de determinadas sustancias como praguicidas, herbicidas, insecticidas ou outros produtos de orixe química, mantendo así o máximo respecto ao medio ambiente.

Desta forma, nos pensos ecolóxicos, soamente poden utilizarse ingredientes naturais e as sustancias e aditivos que figuran na listaxe correspondente dos anexos V e VI do Regulamento 889-2008 da Unión Europea e por tanto deben estar expresamente autorizados.

En España, dependendo da Comunidade Autónoma de que se trate, os alimentos e operadores ecolóxicos están baixo a supervisión de distintas entidades, podendo ser empresas certificadoras privadas ou Consellos reguladores oficiais (como é o caso de Galicia ou de Asturias), que velan polo cumprimento da normativa de produción ecolóxica, polo que estes alimentos están moi controlados.

Estes condicionantes fan que a variedade de materias primas dispoñibles para a fabricación sexa menor que nos produtos convencionais e que, así mesmo, tampouco haxa moita dispoñibilidade de subprodutos derivados dos cereais como salvados, farelos, polpas, etc., ou outros alimentos como os aceites e as graxas. Os subprodutos só poden obterse por métodos de extracción mecánica ou física, estando prohibida a utilización de sustancias químicas non autorizadas para esta actividade.

Os produtos lácteos, de momento, non están permitidos e as fariñas de orixe animal tampouco.

¿De onde proceden as materias primas dos pensos ecolóxicos?

No mercado nacional conséguense cereais con boa dispoñibilidade como a cebada, o trigo, o centeo, a avea ou o triticale e algún outro minoritario e menos dispoñible. Tamén hai millo, pero a súa dispoñibilidade nacional é baixa, procedendo case todo da importación, maioritariamente doutros países europeos e de América.

En canto aos cultivos proteaxinosos conséguese cada vez máis variedade e cantidade grazas aos estímulos das recentes políticas da UE e a PAC, como o greening. A nivel nacional hai boa dispoñibilidade de chícharos, algo de veza e en menor medida fabas e yeros.

A principal oleaxinosa é a soia e en moita menor medida o xirasol ou a colza. A dispoñibilidade das mesmas é en forma de tortas procedentes da extracción do aceite por presión, o que fai que teñan un residuo graxo relativamente elevado. A soia ten boa dispoñibilidade, sendo procedente na súa totalidade da importación. O xirasol e a colza están dispoñibles en pequenas cantidades.

Doutra banda, os minerais e vitaminas que se utilizan son os mesmos que nos pensos convencionais, coa particularidade de que as vitaminas deben ser de orixe natural ou idénticas ás naturais e coa excepción de que para ruminantes non se poden engadir as vitaminas A, D ou E, agás que se xustifique a súa necesidade.

Outros aditivos moi utilizados en alimentación convencional, non están autorizados ou teñen un uso moi restrinxido, como son os conservantes, antifúnxicos, etc.

Utilización dos pensos ecolóxicos

Para os animais monogástricos como o porcino ou as aves utilízanse alimentos completos, que xeralmente cobren o 100% das súas necesidades nutricionais, aínda que debido a que teñen ampla dispoñibilidade de terreo para deambular ao seu gusto poden acceder a outro tipo de alimentos como diversas plantas, insectos, etc.

Para os ruminantes trátase de utilizar os pensos como complemento dos pastos e forraxes da explotación, sendo a súa utilización principal como aporte enerxético e tamén proteico e mineral, no caso da produción leiteira.

Planta de Campoastur dedicada a la fabricación de pienso ecológico. Está situada en el concejo asturiano de Otur

Tipos de pensos ecolóxicos

Pode haber tantos pensos como sexa necesario, pero na práctica as referencias son limitadas, xa que por exemplo as crías de mamíferos deben ter unha lactación prolongada co que xa non se adoitan utilizar alimentos específicos para eles como se fai na produción gandeira convencional.

Neste sentido, a gama de produtos EcoFeed, fabricada pola cooperativa CAMPOASTUR, é variada e contan coa garantía de estaren certificados polo COPAE (Consello da produción agraria ecolóxica do Principado de Asturias) e ademais polo control de provedores e os controis de calidade realizados por Campoastur.

Entre outros, os principais pensos ecolóxicos EcoFeed son os seguintes:

Avicultura de posta e de carne, con formulacións segundo idades e producións. As presentacións son produto moído, granulado ou cribado.
Porcino, penso único en fariña para nais, crecemento e cebo.
– Pequenos ruminantes, produtos granulados para as distintas especies e estado produtivo.
– Vacún de carne, varias formulacións de pensos para crecemento e cebo de tenreiros e para vacas nutrices, con presentacións en fariña, granulado e tacos.
– Vacún leiteiro, pensos formulados para distintos niveis produtivos, desde o 13 ao 20 % de proteína e penso para a recría de xovencas. Todos eles poden ir en fariña ou granulados.
– Fariñas de cereais: cebada, millo e mixta (50% de cada).

Tamén hai posibilidade de fabricar penso para outras especies, pero non é habitual, así como fórmulas personalizadas a demanda do produtor.

Estes produtos sérvense a calquera lugar de España e Portugal, envasados en saco de papel ou rafia, en Big-Bag ou a granel.

Para máis información, contactar con Campoastur en servizos centrais: 985 64 17 21 campoastur@campoastur.es

Servizo técnico-comercial en Galicia: RAFAEL PARDO DE ANDRADE
Teléfono: 679 410 087; e-mail: rafaelpardodeandrade@gmail.com

Breve reseña sobre Campoastur:

A cooperativa Campoastur ten unha dilatada experiencia na produción de pensos ecolóxicos, xa que iniciou a súa actividade neste campo hai 16 anos.

A principios do ano 2016 inaugurou unha nova planta de fabricación equipada coa mais moderna tecnoloxía, sendo a de maior capacidade de fabricación existente en España e tendo a vantaxe de ser exclusiva para produción ecolóxica, co que se evita o risco de contaminacións cruzadas.

En canto á cooperativa, o seu carácter social e gandeiro favorece a disposición de produtos cunha relación calidade / prezo excelente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *