A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os viños do Ribeiro sorprenden en Alemaña na feira Prowein

Os viños do Ribeiro sorprenden en Alemaña na feira Prowein

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participou un ano máis na feira de viños Prowein, que se celebrou do 17 ao 19 de marzo no recinto Messe de Düsseldorf (Alemaña). Presentouse ante os máis de 50.000 asistentes profesionais do sector vitivinícola chegados de 123 países a través dun túnel con 25 referencias de viños, brancos e tintos, e a participación presencial de trece adegas da Denominación na caseta de Viños de España, no pavillón de España – ICEX.

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia mostrouse aos profesionais do sector vinícola a través de casetas presenciais con trece adegas (Adega Gandarela, Adegas Celme, Antonio Montero, Adegas Nairoa, Casal de Armán, Eloi Lorenzo, O Alborexar no Ribeiro, Pazo Casanova, Priorado de Razamonde, Quinta do Rebolo, Ramón do Casar, Val de Souto e Vilerma) así como un espazo de cata libre con 25 referencias entre viños brancos e tintos de 17 adegas distintas.

O D.O. Ribeiro continúa fidelizando o ámbito internacional grazas á participación nesta feira, que é a de maior relevancia en Europa. O presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares comenta que “os viños elaborados con variedades autóctonas, como os presentados neste evento, cativaron o padal dos máis de 200 profesionais do sector, como importadores, distribuidores e catadores ou restauradores, que visitaron a caseta”.

“Puideron catar máis de 70 viños e percibir neles a honestidade, naturalidade e personalidade dos viños singulares do D.O. Ribeiro, elaborados con mimo por colleiteiros e adegas, viños procedentes de viñedos pequenos traballados manualmente por viticultores”, destaca o presidente do D.O. Ribeiro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información