A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os viños do Ribeiro xa teñen canción de Nadal

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro tamén está inmerso no desenvolvemento dun concurso de panxoliñas para profesionais ou amateurs que compoñan ou versionen algunha canción incluíndo “Ribeiro é o mellor” nalgún idioma

Os viños do Ribeiro xa teñen canción de Nadal

Nacho Lozano interpretando a canción de Nadal do Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ven de desvelar hoxe a súa canción de Nadal para estas datas da man do seu intérprete, o cantante cordobés Nacho Lozano. O evento tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e estivo presentado polo comunicador radiofónico Vidal López.

Os interesados poderán consultar toda a información na páxina web www.movimientoribeiro.com e o vídeo poderá verse no enlace https://youtu.be/K9lwDr5-XBE. Así mesmo, pola noite o cantante dará un concerto en acústico no que incluirá a canción de Nadal do Ribeiro. O evento terá lugar na Sala Urbe (antiga discoteca Capital) con apertura de portas ás 21.00 horas.

Concurso de Panxoliñas “Ribeiro é o mellor”

Por outra parte, o C.R.D.O. Ribeiro está a levar a cabo un concurso de panxoliñas dirixido tanto para profesionais como para amateurs. O concurso ten dúas modalidades, por un lado infantil/xuvenil (ata 18 anos) e por outro para adultos.

Están permitido que participen individuais, dúos ou grupos de máximo 30 compoñentes. E terán que versionar ou compoñer unha canción de Nadal incluíndo a frase “Ribeiro é o mellor” en algún fragmento no seu libre estilo e idioma.

As inscricións realizaranse durante todo o mes de decembro, pechándose o prazo o último día do ano ás 23.59 horas. Para participar deberán enviar a canción en arquivo de vídeo ou audio á dirección de correo electrónico [email protected]

Os gañadores, que se anunciarán o seis de xaneiro de 2016 elixidos por un xurado composto por profesionais da industria musical, obterán os seguintes premios:

Categoría infantil/xuvenil:
1º Premio: xornada no Ribeiro, incluíndo un paseo en catamarán.
2º Premio: día coñecendo o Ribeiro con xogos e actividades.

Categoría de adultos:
1º Premio: fin de semana no Ribeiro e invitación para actuar no III Festival “Ribeiro Son de Viño” de O Grove.
2º Premio: fin de semana no Ribeiro e lote de viños.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información