A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os sectores produtivos do viño e da lousa de Valdeorras comprométense a colaborar

Os sectores produtivos do viño e da lousa de Valdeorras comprométense a colaborar

A conselleira xunto ao presidente do Consello Regulador visitando unha adega

No marco da visita realizada este martes a Valdeorras pola conselleira do Medio Rural da Xunta, Ángeles Vázquez, asinouse unha declaración de intencións de colaboración entre o Consello Regulador e Clúster da Pizarra. Francisco García, presidente da D.O. Valdeorras, e Severino González, xerente do Clúster, asinaron un texto que compromete a ambos os organismos a cooperar na “consecución de beneficios mutuos para as empresas e profesionais” que os conforman.

Así, as partes acordan reunirse nas vindeiras semanas para detallar os pormenores dun convenio que estará centrado, principalmente, nos seguintes puntos: 1) aposta conxunta por establecer un programa formativo común para os profesionais valdeorreses da pizarra e do viño; 2) posta en marcha de canais TIC comúns para o desenvolvemento de iniciativas de comercio exterior; 3) desenvolvemento conxunto de accións promocionais e intercmabio de material informativo para ser divulgado en actos, feiras e xornadas que promova cada unha das partes e 4) compromiso do Consello Regulador de colaborar ofrecendo produto (viño xenérico) para os actos que poña en marcha o Clúster.

No marco da visita, a titular de Medio Rural destacou o bo traballo que ao seu xuízo están a realizar os profesionais do sector vitivinícola de Valdeorras. Expresou o seu apoio ás bodegas, cooperativas e viticultores da zona e anunciou que as eleccións para renovar os plenos dos consellos reguladores terán lugar a principios do verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *