A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os abonos Entec®, unha ferramenta para aumentar a eficiencia da fertilización

Progando distribúe en Galicia os abonos Entec, importados da planta da multinacional Eurochem en Amberes

Os abonos Entec®, unha ferramenta para aumentar a eficiencia da fertilización

Os produtos ENTEC® son fertilizantes estabilizados, o que permite a dispoñibilidade inmediata de tódolos nutrientes tras a súa aplicación, ao contrario que os fertilizantes de liberación lenta. Ademais trátase de abonos complexos NPK, o que garante que cada gran de abono contén todos os nutrientes declarados e sen nitróxeno ureico, altamente contaminante polas perdas de amoníaco por volatilización e lavado de nitratos dos solos agrícolas. É por todo isto que ENTEC® contribúe a unha nutrición máis equilibrada e eficaz nos diferentes cultivos.

A multinacional EuroChem produce e distribúe os abonos ENTEC® desde a súa fábrica de Amberes. O produto é transportado a granel en barco desde Amberes até os portos da Coruña e Santander, desde onde se traslada ás instalacións de Progando. Isto permite que ENTEC® se poida comercializar a granel, en big bag de 600 quilos e en sacos de 40 quilos.

Permanencia do nitróxeno en solo
A tecnoloxía dos abonos ENTEC® inhibe o proceso de transformación do nitróxeno amoniacal a nitróxeno nítrico (nitrificación), asegurando a súa permanencia no solo durante un período determinado. Isto lógrase a través da inhibición das bacterias Nitrosomonas, que son responsables da transformación do amonio en nitrato. Desta forma, as plantas obteñen as dúas formas de nitróxeno mineral, amoniacal e nítrico, durante un longo período.

Con este fertilizante, as plantas poden absorber simultaneamente nitróxeno amoniacal e nítrico, beneficiándose os cultivos dunha nutrición mixta nitroxenada

Isto significa que, a diferenza das plantas cultivadas en solos sen a aplicación de ENTEC®, poden absorber o nitróxeno simultaneamente de ambas as formas, beneficiándose os cultivos das vantaxes da nutrición mixta nitroxenada (amonio e nitrato), á vez que diminúe o risco de perda de nitróxeno ao medio ambiente (ben sexa en forma de emisións de óxidos de nitróxeno á atmosfera ou ben sexa por lavado de nitratos). En definitiva, mellórase a eficiencia do seu uso.

Como resultado da súa maior eficiencia, ENTEC® permite unha redución da dose de fertilización nitroxenada e unha redución das pasadas de abonado sen que a produción final se vexa reducida.

Durante os últimos 19 anos, a tecnoloxía ENTEC® foi avaliada por universidades e centros de investigación de renome internacional, avalando o seu uso en pradarías, millo, pataca e outros cultivos extensivos, e levou a novos manexos de fertilización en cultivos extensivos.

Aplicación única
Os beneficios debidos a unha única aplicación de fertilizante son diversas. Por unha banda, redúcense os custos económicos ao reducir o número de cobertera e o pisado do chan e do cultivo polo paso da maquinaria, e por outra banda o agricultor dispón dun maior período de tempo para a aplicación dos fertilizantes. En resumo, ENTEC® é unha tecnoloxía para a fertilización medioambientalmente sustentable e que facilita os labores dos agricultores.

Redúcense as perdas pola emisión de óxido de nitróxeno e minimízase o lavado do fertilizante pola chuvia

Materias primas de calidade
En termos de calidade, os abonos ENTEC® presentan a mellor calidade de materias primas NPK, unha granulometría homoxénea e carente de po. Ademais, o feito de que non se utilice urea na súa formulación (inestable en formulación, almacenaxe e campo), fai máis fácil os seus almacenamentos e manexo, especialmente nas sembradoras provistas de localizadores de abono.

Non se debe esquecer que os produtos ENTEC® conteñen fósforo 100% asimilable polas plantas, procedentes das minas que EuroChem posúe na península de Kola (Norte de Europa), e libre de metais pesados, especialmente Cadmio, elemento que ten efectos graves sobre a saúde humana. Isto diferencia os produtos Entec® dos abonos doutros fabricantes, que utilizan sobre todo roca fosfórica procedente do Magreb e rica en Cadmio.

Entec estandar millo

Formulacións para pradarías e millo

Os abonos ENTEC® son o resultado dun forte investimento en innovación e experimentación, e están concibidos para responder ás necesidades dos cultivos. Entec® presenta diferentes formulacións en función do equilibrio que necesita cada cultivo:

* ENTEC® 15-13-13 (nitróxeno, fósforo, potasa): orientado a pradarías permanentes, pasteiros.

* ENTEC® 24-8-7: enfocado ao cultivo de millo, de todas as fórmulas, esta é a máis vendida.

* ENTEC® 20-10-10: utilízase bastante en raigrás, mesmo nalgunha pradaría.

* ENTEC® 25-15-0: trátase dun abono que non achega potasa e está enfocado a aquelas leiras ou parcelas con altos niveis no chan de potasa e con achegas de xurro.

* ENTEC® 13-10-20: ao contrario do anterior, ten alto contido en potasa dirixido a aqueles cultivos que a requiren, por exemplo a pataca.

* ENTEC® 12-20-12: para solos con abastecemento deficiente de fosfatos e para cultivos en que sexa necesario favorecer o enraizamiento rápido dos cultivos.

Desde Progando orientamos ao cliente na elección da fórmula que máis se adapte ás súas necesidades. Para iso dispomos dun servizo de analíticas de terra. En función das carencias ou excesos que mostren as analíticas e das necesidades do cultivo, recoméndase a fórmula que mellor se adapte ás necesidades do cliente.

Non debemos esquecer que o pH do solo xoga un papel importante e considerando a natureza áceda dos solos na nosa zona, en moitas ocasións é recomendable realizar achegas de emendas calcarias para corrixir a acidez e así obter a máxima eficiencia do abonado.

Evolución
Ao contrario que outros fabricantes que seguen comercializando abonos con tecnoloxías obsoletas, os abonos ENTEC® non pararon de evolucionar desde a súa creación na década do noventa. Tras a comercialización do primeiro inhibidor da nitrificación baixo a marca Basammon®, desenvolveuse o produto para pasar a usar o actual inhibidor da nitrificación Entec®, mellorando a súa eficiencia e rendemento.

A investigación no desenvolvemento e mellora do produto non cesou e no 2019 incluiranse novas melloras no fertilizante ENTEC®. Estas melloras implican un paso adiante na fertilización mellorando a produción, a calidade e sobre todo o respeto ao medio ambiente.

Aumento de rendementos
Tendo en conta a calidade e cantidade de forraxe e de millo que se consegue coa utilización dos abonos ENTEC®, podemos dicir que ofrecemos un produto altamente competitivo, garantindo bos resultados e sobre todo un alto grao de satisfacción por parte do cliente.

En resumo, os fertilizantes ENTEC® caracterízanse pola máxima calidade dos seus compoñentes, altos estándares na granulación e o máximo respeto polo medio ambiente, co único obxectivo de satisfacer as demandas dos nosos clientes, que cada vez presentan unha maior profesionalización das explotacións, requirindo unha maior especialización en fertilización para a obtención de mellores colleitas e unha eficiente relación calidade-prezo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *