A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Optigen®, unha innovadora tecnoloxía de Alltech para reducir a pegada de carbono da gandaría

Optigen®, unha innovadora tecnoloxía de Alltech para reducir a pegada de carbono da gandaría

Ante a presión continua á que se ve sometida a cadea alimentaria para diminuír a súa pegada ambiental, Alltech, empresa global de nutrición e saúde animal, mantén o seu compromiso en axudar á industria a afrontar este desafío. Como parte deste compromiso, Alltech anunciou a incorporación de Optigen®, a súa fonte de nitróxeno non proteico de liberación controlada, á súa oferta de solucións certificadas por Carbon Trust.

Carbon Trust acreditou que a inclusión de Optigen® na dieta das vacas pode diminuír o impacto sobre o quecemento global desa dieta e, ao mesmo tempo, mellorar o aproveitamento do nitróxeno. Así mesmo, Carbon Trust validou que a substitución de ingredientes cun elevado contido de carbono (como a soia) por Optigen® reduce significativamente o impacto sobre a pegada de carbono. Optigen® é unha tecnoloxía que proporciona amoníaco de forma controlada aos microorganismos do rume a un ritmo óptimo, o que contribúe a evitar períodos con excesos de amoníaco no rume e, por tanto, reducindo a excreción de nitróxeno ao medio ambiente.

Carbon Trust é unha organización global que ofrece asesoramento independente a empresas, gobernos e institucións sobre como reducir as emisións de carbono. A inicios deste ano, o produto insignia de Alltech, Yea-Sacc®, recibiu tamén a certificación de Carbon Trust por reducir as emisións de metano e a excreción de nitróxeno ao medio ambiente.

“É posible diminuír o impacto que supón a excreción de nitróxeno ao medioambiente optimizando a función ruminal e Optigen®  demostrou ser unha boa ferramenta para conseguilo”, destacou Matthew Smith, vicepresidente de Alltech. “Este recoñecemento de Carbon Trust é un novo e incrible fito no noso camiño por seguir axudando aos produtores a reducir a súa pegada de carbono á vez que aumentan a súa rendibilidade”, subliñou.

Medir antes de actuar

O modelo de fermentación in vitro (IFM) de Alltech® é unha ferramenta eficaz para predicir as emisións específicas ligadas á cría e á alimentación dos animais. O IFM simula o proceso de fermentación no rume e avalía a dixestibilidade dos ingredientes individuais, do penso composto e das racións Unifeed.

“Ao medir a produción de gases asociada coa dieta mediante o IFM, podemos calcular a perda potencial de enerxía desaproveitada e, as emisións previstas por animal  ante unha determinada ración”, apuntou Smith.

Grazas ao seu servizo Alltech E-CO2, Alltech é o provedor líder a escala mundial de servizos de avaliación ambiental acreditados por Carbon Trust. Os auditores reúnen información de toda a explotación e elaboran un informe personalizado que inclúe o nivel de emisións de cada fonte e a pegada total de carbono da granxa.

“Axudamos aos produtores a situar a súa granxa a nivel de emisións e ofrecémoslles recomendacións sobre como mellorar a eficiencia”, explicou Smith. “Grazas ás nosas ferramentas de avaliación, podemos predicir os posibles beneficios económicos, así como a redución estimada na pegada de carbono derivados das melloras previstas na eficiencia e, a partir de aí, traballar cos gandeiros para alcanzar estes beneficios”, concluíu o vicepresidente de Alltech .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *