A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

One: A conferencia de ideas de Alltech busca inspirar aos produtores leiteiros

One: A conferencia de ideas de Alltech busca inspirar aos produtores leiteiros

A conferencia de ideas de Alltech (ONE17), que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Lexington (Kentucky, EE. UU.), promete ser unha fonte de inspiración e motivación para os produtores e os líderes da industria agrogandeira, pero, máis importante aínda, promete prepararlles para o futuro. A conferencia de tres días reunirá a expertos do sector vindos de todo o mundo para compartir ideas e solucións aos problemas máis perentorios aos que se enfrontan hoxe en día a agricultura e a gandería.

Para dar a oportunidade a que cada sector da agricultura e a gandería participe na disrupción, ONE17 incluirá varios bloques temáticos, incluída unha sesión específica dedicada ao vacún de leite. Desde abordar as leis gobernamentais a debater sobre a explotación leiteira do futuro, ONE17 ofrecerá solucións reais aos produtores leiteiros.

“Cremos que é fundamental inspirar a todas as persoas involucradas na industria agrícola e gandeira para que poidan abrazar a disrupción”, destacou o Dr. Pearse Lyons, fundador e presidente de Alltech. “A sesión dedicada ao vacún de leite brindará a oportunidade aos produtores leiteiros de descubrir estratexias prácticas e rendibles que garantan o futuro da súa granxa”.

Sesión temática de ONE17 dedicada ao vacún de leite

A historia de Kerrygold: aplicar a disrupción a un produto, cambiar o seu sabor e implicar ao gandeiro: ¿como logrou Kerrygold converterse, grazas á súa posición privilexiada como disruptor da industria, nun líder do mercado da manteiga?

O Internet das cousas e o modelo Nespresso: consolidar un servizo único para as explotacións leiteiras: ¿como beneficia ás granxas comunicar datos en tempo real a un equipo de nutrólogos?, como poden satisfacerse as necesidades nutricionais diarias do rabaño mediante un dispositivo especial para a mesturadora?

Unha historia porta a porta: ¿que pode aprender a industria leiteira do éxito dos amish de Pensilvania?

Disrupción na industria leiteira: un estudo de caso que ilustra como as novas necesidades permitiron agudizar o enxeño en Arabia Saudita.

A explotación leiteira do futuro: ¿é a robótica a nova disrupción da industria leiteira?

Disrupción en Washington: ¿que pode esperarse do novo escenario de liderado?, como podería impulsarse a disrupción na cadea alimentaria e o comercio mundial?

Para obter máis información sobre a sesión temática de ONE17 dedicada ao vacún de leite, visite: one.alltech.com/dairy.

Únase á conversación en Twitter coa etiqueta #ONE17.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *