A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O novo presidente da D.O. Valdeorras comprométese a manter os compromisos e contratos en vigor

O novo presidente da D.O. Valdeorras comprométese a manter os compromisos e contratos en vigor

Reunión do pleno deste martes.

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras mantivo este martes a súa primeira xuntanza ordinaria tras o nomeamento de José Luis García Pando como presidente do organismo a finais do mes pasado. No decurso da reunión, os membros do Pleno puideron coñecer un informe sobre o estado actual do organismo, que incluía datos sobre a situación financeira da entidade ou sobre os trámites realizados para optar a diferentes liñas de subvención abertas.

Ao termo da xuntanza, o presidente do Consello Regulador expresou a vontade de asumir os compromisos e os contratos en vigor da entidade, herdados do anterior mandato.

O Pleno coñeceu tamén o estado no que se atopa a xestión das facturas relacionadas co organismo, tanto das pendentes de pagamento e prioritarias como das que aínda están sen emitir. Paralelamente, deuse luz verde á tramitación das taxas dirixidas aos viticultores e ás adegas e aprobouse o cambio das sinaturas autorizadas para a realización dos trámites bancarios relacionados co organismo.

Achega das convocatorias plenarias

Entre os puntos da orde do día do Pleno de hoxe figuraba tamén a aprobación do método de comunicación e achega das convocatorias plenarias. É dicir, oficializouse o procedemento e as canles oficiais para trasladar aos membros do Pleno, con antelación suficiente e plena seguridade xurídica, as convocatorias e o contido das ordes do día das xuntanzas que se van manter.

Finalmente, tamén na reunión de hoxe se propuxo aos diferentes membros do Pleno a sinatura dunha Declaración de aceptación de compromisos e doutra Declaración de vinculación con inscritos. Coa sinatura de ambos os documentos, preténdese impulsar un compromiso ético e de transparencia por parte dos membros do Pleno para que informen a que organismos e/ou bodegas están vinculados e evitar posibles conflitos de interese.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *