A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O mellor para a conservación do combustible: Fuel Fit® de Briggs & Stratton

O mellor para a conservación do combustible: Fuel Fit® de Briggs & Stratton

Fuel Fit® de Briggs & Stratton

Cando se traballa con máquinas de bosque e xardín estacionais que adoitan estar almacenadas durante longos períodos, debe terse sempre moi en conta que, co tempo, o combustible comeza a perder as súas propiedades e, como consecuencia, a resultar daniño para as máquinas cando estas retoman o seu traballo.

Esta degradación do combustible que moitas persoas descoñecen prodúcese por diversos motivos e pode chegar a causar graves danos se non se controla de forma adecuada. Son moitos os factores que inflúen na perda das súas propiedades orixinais.

Por unha banda están os factores relacionados coa contorna e coa forma de almacenamento, como poden ser a exposición directa á luz e a temperaturas elevadas, a sucidade e impurezas acumuladas derivadas dun mal mantemento e, por suposto, o paso do tempo.

Por outra banda, temos tamén os factores relacionados cos propios compoñentes do combustible e que poden contribuír á súa deterioración, como a perda de frescura que provocan algúns compostos químicos tales como o etanol. Esta sustancia que adoita estar presente no combustible absorbe a humidade do ambiente e pode chegar a corroer as pezas do motor.

A deterioración do combustible empézase a producir a partir dos 30 días

Efectos dos residuos do etanol

Efectos dos residuos do etanol

Está demostrado que esta desestabilización do combustible en condicións normais de uso ou almacenamento empeza a producirse a partir dos primeiros 30 días. Para solucionar este problema e evitar avarías nas máquinas, Briggs & Stratton ideou Fuel Fit®: un aditivo para combustibles que contribúe ao mantemento do combustible conservándoo fresco e apto para o seu uso, mesmo despois de períodos prolongados de almacenamento.

A compañía Briggs & Stratton, con sede en Estados Unidos, é experta desde hai décadas na fabricación de motores de gasolina arrefriados por aire para equipos de exterior, os cales actualmente comercializa e distribúe en máis de 100 países. Esta ampla experiencia e o seu amplo coñecemento no campo permitíronlle desenvolver este aditivo co obxectivo de aumentar a vida útil dos motores e evitar as diferentes avarías que derivan deste problema.

Fuel Fit permite conservar o combustible en condicións óptimas por un período de até 3 anos,

Coa creación de Fuel Fit®, a compañía revoluciona o mercado ao conseguir que o combustible se conserve en condicións óptimas por un período de até 3 anos, podendo usalo así tras longos períodos de almacenaxe sen temor a provocar un desgaste excesivo no motor ou avarías relacionadas co mal estado do combustible.

Fuel Fit® actúa como protector dos compoñentes metálicos do motor, co que axuda a previr a corrosión e desestabilización que poden chegar a danalo. Así, este aditivo contribúe tamén a un arranque menos dificultoso da máquina impedindo que o etanol actúe oxidando as diferentes partes do motor e mantendo o carburador limpo e sen elementos estraños.

Moitas avarías dos motores débense á mala conservación do combustible

Aínda que poida parecer sorprendente, unha gran porcentaxe das avarías que se producen en motores, tales como sobrequecementos, obstrucións, dificultade de arranque ou baixo rendemento, derivan precisamente da mala conservación do combustible, que, co paso do tempo, acaba por degradarse. Así mesmo, os combustibles aos que se lles engadiu este aditivo axudan tamén a un mantemento activo limpando o motor mentres este se atopa en funcionamento.

Grazas a este avance, as máquinas que adoitan permanecer almacenadas durante varias semanas ou meses ao ano, como poden ser as rozadoras, cortacéspedes, motoserras ou mesmo hidrolimpadoras, manterán o combustible en perfectas condicións e poderán usarse na seguinte tempada sen temor a que un combustible en mal estado poida interferir no seu bo funcionamento e, por tanto, nos resultados que esperamos obter en cada traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *