A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O grupo holandés De Heus compra Núter Feed

O grupo holandés De Heus compra Núter Feed

O grupo holandés de alimentación animal Royal de Heus asinou un acordo para adquirir o fabricante de pensos compostos Núter Feed, actualmente  propiedade da financeira Alia Green, que subscribe o capital a través da mercantil Manotcor. A compra supoñerá a implantación de Royal de Heus no mercado ibérico, como o segundo maior comercializador de pensos no mercado libre, posto que ocupa Núter.

Núter Feed, con sede central na Coruña, ten dez fábricas en España, situadas en Aranda de Duero (Burgos), Benavente (Zamora), Colloto (Asturias), Porriño (Pontevedra), San Pedro de Nós (A Coruña), Lugo, Talavera de la Reina (Toledo), Silla (Valencia), Ubeda (Xaén) e Llerena (Badaxoz). A empresa facturou 212,35 Millóns de euros en 2014 e emprega a 330 traballadores.

Conta coa filial Saprogal Portugal, propietaria de dúas factorías no país veciño, situadas en Trofa e Cartaxo. En total, o grupo Núter, propietario das marcas ‘Biona’, ‘Pasaranda’ e ‘Formax’, comercializa 1 millóns de toneladas de pensos anuais e emprega a 500 persoas.

Continuidade no equipo de Núter

Núter vai seguir xestionada polo seu actual equipo directivo, encabezado por Julio Alfonso Múñoz, presidente da compañía, que capitaneou “un modelo de xestión exitoso e independente”, segundo sinala o conselleiro delegado da holandesa, Co de Heus. “Con esta adquisición fortalecemos o noso portfolio e, dado que compartimos unha moeda común, aumentaremos a nosa estabilidade”, declara.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información