A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O Grupo Coren busca en Alemaña ampliar as súas exportacións

O Grupo Coren busca en Alemaña ampliar as súas exportacións

Stand de COREN en Anuga

O Grupo Coren participa desde hoxe e ata o vindeiro mércores na feira Anuga, que se desenvolve en Colonia (Alemaña) e que é, xunto a Sial París, o certame de maior relevancia internacional no sector da alimentación. Nesta edición, Anuga conta con 6.600 expositores de 95 países e prevé recibir máis de 160.000 visitantes profesionais.

A participación de Coren supón a maior representación española de producións criadas ao aire libre, como o Polo Campeiro, no que Coren é o principal produtor español, o Polo Ecolóxico, os Ovos de Curral ou a carne de porco Selecta alimentado con castañas.

O obxectivo do Grupo Coren é reforzar o seu posicionamento en mercados internacionais, e neste evento centrará os seus esforzos en Europa e Asia , onde xa conta cunha ampla presenza que consolidará grazas aos novos contactos comerciais que prevé realizar. Para iso, a cooperativa galega ha desprazado a Colonia a representantes da súa delegación comercial en España, así como os seus axentes en Xapón e Corea, que traballarán para estender a rede de distribución dos produtos
Coren.

Ademais, xa estableceu unha ampla axenda de visitas e reunións con delegacións comerciais de países de ambos os continentes, aínda que tamén do resto do mundo. Coren conta actualmente cun importante mercado no medio centenar de países de todo o mundo

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información