A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O galego Francisco Nomdedéu asume a Dirección Xeral de AgroCantabria

Márcase como obxectivo xerar proxectos lácteos de valor engadido, modernizar a estrutura e o modelo de xestión da cooperativa cántabra

O galego Francisco Nomdedéu asume a Dirección Xeral de AgroCantabria

O galego Francisco Nomdedéu asume a Dirección Xeral de AgroCantabria

Francisco José Nomdedéu Rodal acaba de incorporarse a AgroCantabria como novo Director Xeral da cooperativa. De orixe galega, Nomdedéu Rodal, de 44 anos, posúe unha dilatada experiencia no sector da alimentación animal, xa que desde 2013 ocupaba a Dirección Xeral de Evialis, á que accedeu por promoción interna desde a Dirección Financeira desta mesma filial de Neovia Group.

Nomdedéu Rodal márcase como principal reto de xestión en AgroCantabria, cooperativa socia de Delagro, “xerar proxectos lácteos de valor engadido e explorar novas liñas de negocio que xeren maior rendibilidade aos socios” dentro dun espírito global de “modernización da estrutura e o modelo de xestión da cooperativa”.

Para favorecer o logro destes obxectivos, o novo Director Xeral impulsará cambios na organigrama de AgroCantabria e prevé incorporar, en breve e, entre outras, as figuras dun Director Comercial e un responsable de nutrición animal.

“A aposta pola calidade, a innovación, a diferenciación e pola seguridade alimentaria das producións da compañía” son parte dos obxectivos irrenunciables para Francisco Nomdedéu á fronte da cooperativa cántabra, que pechou o exercicio de 2017 (última cifra oficial, á espera de coñecer os datos definitivos de 2018) cunhas vendas netas de 56 millóns de euros grazas á recollida e comercialización duns 75 millóns de litros de leite procedente dos seus socios e á produción e venda de 71 millóns de toneladas de pensos compostos, principalmente

Etapa anterior

Na súa etapa á fronte de Evialis, en Galicia, Nomdedéu Rodal promoveu a creación dun departamento técnico autónomo e a apertura de novas liñas de negocio, o que permitiu á empresa a apertura de novas liñas de negocio e situarse como líder en diferentes segmentos de mercado. É precisamente un modelo de xestión similar a aquel o que pretende, agora, liderar desde AgroCantabria.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información