A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O Consello Regulador da DO Valdeorras asina un convenio coa Galicia Business School

O Consello Regulador da DO Valdeorras asina un convenio coa Galicia Business School

Francisco García y Eduardo García durante la firma del convenio

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García Álvarez, asinou este mércores na sede do organismo un acordo de colaboración co director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, polo cal os membros do sector vitivinícola de Valdeorras terán acceso, mediante condicións preferentes, aos contidos formativos impartidos por esta escola de negocios.

“Este acordo ten como obxectivo intensificar a acción formativa a prol dos membros do Consello Regulador: bodegueiros e viticultores”, destacou García Álvarez.

Galicia Business School é unha escola de negocios cuxo obxecto é a formación profesional é directiva. Neste sentido, aglutina como docentes a un amplo abano de profesionais do management e da formación, procedentes tanto de Galicia coma do resto de España. Trátase dun centro enfocado ao desenvolvemento de programas docentes e formativos orientados á integración dos máis novos no eido da empresa, por unha parte, e a fomentar a actualización do desenvolvemento directivo de profesionais vinculados a diferentes eidos de actividade, pola outra.

Condicións preferentes

Ao abeiro do acordo de colaboración asinado hoxe, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras e a entidade Galicia Business School comprométense a realizar conxuntamente unha serie de actividades docentes que beneficien a ambas as partes. Cunha duración dun ano, no marco do convenio ofrécense bolsas-desconto do 10% sobre o prezo total dos programas impartidos pola Galicia Business School aos profesionais do sector vitivinícola da comarca que desenvolvan a súa actividade baixo o selo do Consello Regulador.

Adicionalmente, Galicia Business School destinará o 5% do importe total de cada matriculado procedente do Consello Regulador, nalgún dos seus programas formativos, a un fondo de formación a favor da D.O. Valderras. O fondo resultante poderá ser empregado polo Consello Regulador no desenvolvemento de accións docentes deseñadas para os seus asociados ou poderá empregarse para favorecer a asistencia dos empregados ou asociados do Consello Regulador a programas abertos da Galicia Business School.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información