A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O certame Figan premia un total de 55 innovacións técnicas

Feria de Zaragoza, que celebra do 19 ó 22 de marzo a Feria Internacional de Produción Animal (Figan), distingue novidades en sectores de vacún, avicultura e porcino

O certame Figan premia un total de 55 innovacións técnicas

Edición anterior de Figan.

O concurso de novidades técnicas de Figan, a feira de produción animal organizada por Feria de Zaragoza, xa ten lista de galardonados, cun total de 55 produtos premiados. O xurado evaluador, composto por expertos do sector, elixiu 55 innovacións que destacan pola súa mellora tecnolóxica ou en sostibilidade, valorándose tamén que estean a dar resposta ás necesidades dos produtores.

Todas as innovacións premiadas poderán verse no certame Figan, que se celebra do 19 ó 22 de marzo na Feria de Zaragoza. A entrega dos premios do certame desenvolverase na tarde do 22 de marzo. Entre as novidades galardonadas, figuran produtos dos diversos sectores gandeiros, coma vacún, porcino ou avicultura.

As novidades premiadas inclúen un amplo abano de cuestións que afectan o manexo animal, como a alimentación de precisión, a xestión de puríns ou a climatización do interior das naves. Pode consultarse neste documento todo o listado de novidades premiadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *