A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nove importadores de Suíza visitan O Ribeiro

A visita completa o "Plan Suíza" do Consello Regulador e seis adegas. Os importadores coñecen de primeira man esta zona e os seus viños como peche de diversas actuacións ao longo de dous anos

Nove importadores de Suíza visitan O Ribeiro

Visita dos importadores suízos ao Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu a visita de diversos importadores suízos. Esta misión inversa sucede a unha viaxe a Zürich, onde se presentaron nove viños da D.O. Ribeiro.

O Plan Suíza da DO Ribeiro comezou en 2014, cando se asistiu á Feira “Día do Viño” organizada polo ICEX, e presentación para importadores nas cidades de Basilea e Zürich. Así mesmo realizáronse accións educativas en setembro, con talleres nas escolas de hostalaría e sumillería máis prestixiosas do mundo, en sete cidades distintas.

As adegas do Ribeiro decidiron presentarse neste país agrupadas polo Consello Regulador para darse a coñecer nun mercado estratéxico a nivel internacional, e de gran cultura e esixencia no consumo de viño.

Nesta última acción do Plan Suíza, os importadores visitaron seis de adegas; Viña Costeira, Alanís, Terra do Castelo, Casal de Armán,Ramón do Casar e Finca Viñoa. Tras as visitas, os responsables das adegas mostráronse satisfeitos do nivel dos visitantes entre os que se encontraba a cadea de supermercados máis grande de Suíza e varios negocios especializados en viños de alta calidade, fomentando así o posicionamento dos viños da D.O. Ribeiro, entre o segmento da excelencia.

Pola súa banda, os importadores descubriron viños extraordinarios con aptitudes axeitadas para o seu envellecemento en botella (viños de garda), moi axeitados para este mercado maduro e que foron protagonistas dunha sesión inaugural ofrecida en Ribadavia, en forma de cea harmonizada e guiada polo Director Técnico do Consello Regulador, Pablo Vidal.

Suíza como mercado de exportación.

Actualmente, un 20% de adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, teñen importador neste territorio alpino. A exportación a este país concéntrase na parte alemá, pero tamén a francesa mostra interese polos viños máis premium que ofrece as adegas inscritas na D.O. Ribeiro. As adegas exportadoras manifestan o seu interese neste mercado, maduro, experimentado e gran consumidor de viños; no que o cliente final busca a calidade por riba de todo; “aquí as casas teñen cavas de centos de botellas”, comenta un importador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *