A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nova páxina web e blogue de expertos en cría de xovencas

www.especialistasennovillas.es e blogue.especialistasennovillas.es son un completo portal web con numerosa información de interese para maximizar a produtividade da xovenca. Profesionais de renome comparten os seus coñecementos sobre o sector vacún de leite a través do Blogue de Expertos.

Nova páxina web e blogue de expertos en cría de xovencas

As xovencas representan o futuro rabaño, sendo clave os seus dous primeiros meses de vida. É por iso que Zoetis lanzou www.especialistasennovillas.es, unha páxina web cuxo fundamento son as xovencas e o seu manexo (principalmente sanitario) co fin de maximizar o seu potencial produtivo, e garantir a rendibilidade da explotación.

O novo portal web recolle ampla información sobre os aspectos máis importantes a considerar desde o nacemento da xovenca ata o seu primeiro parto; crecemento, sanidade, reprodución e lactación.

Un Blogue de Expertos (blog.especialistasennovillas.es) complementa a nova web, no que recoñecidos profesionais con amplos coñecementos sobre o sector de vacún de leite colaboran con interesantes contidos. Este é o caso dos expertos: Ernesto Reyes (Agri Benchmark), Fernando Soberón (Shur-Gain), Sergi Calsamiglia (UAB), Álex Bach (IRTA) e Arnau Álvarez (Vether Girona)

Xa é posible acceder aos dous primeiros posts do Blogue de Expertos: a toma de calostro como determinante do potencial produtivo da xovenca, por Fernando Soberón; e a evolución do prezo do leite, escrito por Ernesto Reyes.

Acerca de Zoetis
Zoetis é a empresa líder de saúde animal, dedicada a apoiar aos seus clientes e os seus negocios. Construída sobre 60 anos de experiencia en saúde animal, Zoetis descobre, desenvolve, fabrica e comercializa medicamentos e vacinas de uso veterinario complementados por produtos de diagnóstico e apoiados por unha ampla gama de servizos. En 2015, a compañía xerou uns ingresos anuais de 4.800 millóns de dólares. Con 9.000 empregados aproximadamente, os seus produtos serven a veterinarios, gandeiros, produtores e todos aqueles que crían e coidan o gando e os animais de compañía en máis de 100 países. Máis información en www.zoetis.es.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información