A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Motoaixada, a mellor aliada para a túa finca e o teu xardín

Publicidade
Motoaixada, a mellor aliada para a túa finca e o teu xardín

A motoaixada segue sendo aínda a día de hoxe unha das ferramentas agrícolas máis habituais en explotacións de menor tamaño, onde constitúen un elemento básico de traballo. O seu deseño, dimensións e versatilidade convértena en imprescindible para as explotacións agrícolas e para hortas de ocio asociadas a práticas agrícolas de fin de semana.

Que é unha motoaixada?

Unha motoaixada é unha máquina autopropulsada que se despraza através dun eixo motriz grazas ao movemento proporcionado por un motor de combustión interna. Habitualmente ese eixo motriz é tamén o eixo de traballo da máquina, polo que as motoaixadas se moven impulsadas polas súas propias pas, aínda que costumen dispor dunha roda que facilita o seu transporte cando non está en funcionamento. Esa roda, normalmente, sitúase na parte dianteira, pero cómpre dicir tamén que hai modelos no que a roda se atopa na parte posterior.

Motoaixada vs. motocultor

Un dos erros máis frecuentes é confundir a motoaixada co seu irmán maior, o motocultor. O motocultor é unha máquina asentada sobre dúas rodas motrices que por si mesma non é quen de realizar ningún traballo, precisando da axuda dun apeiro para levar a cabo o labor desexado. Nas superficies de maior tamaño os motocultores -pola súa maior potencia e envergadura- son máis empregados, aínda que as motoaixadas son tamén un valioso elemento auxiliar.

Que son as fresas nunha motoaixada?

O traballo da motoaixada non sería posible sen as chamadas fresas, que son pas rotativas que se encargan de levantar o solo, airealo, cortar a herba e misturar o abono e o esterco coa terra. Estas fresas están montadas nos eixos de saída da transmisión para os seus distintos usos. A maior número de fresas, maior eficacia e capacidade terá a motoaixada na execución das tarefas.

Que poderemos facer coas fresas dunha motoaixada?

Entre os labores máis frecuentes que se levan a cabo coas fresas dunha motoaixada está a preparación do solo. Este acesorio en forma de pa acciónase através dunha toma de forza lateral, e emprégase para arrincar a terro do solo cunha profundidade de entre 10 e 15 centímetros, deixándoo así esponxoso e preparado para o seu uso. O terreo quedará así moi fino grazas á alta velocidade de rotación durante o fresado.

Distintos usos dunha motoaixada

O principal e máis frecuente uso dunha motoaixada é o arado da terra. Co arado conseguimos levantala e aireala, facéndoa máis homoxénea ao misturárense varias capas. Normalmente, os agricultores realizan o labor de arar coas fresas, que serían as encargadas de cavar o rego na zona de traballo.

Outros apeiros dispoñibles para as motoaixadas diversifican os seus usos e funcións máis alá do mero arado da terra. Así existen no mercado apeiros tan diversos como os arrincadores e as sementadoras, que evitan os traballos manuais asociados á sementa de todo tipo de cultivos, os remolques para a súa utilización con pequenas cargas, os arados xaponeses, provistos de varas curvas especialmente deseñadas para levantar terreos húmidos, ou os extratores de musgo e aireadoras de céspede, que axilizan os traballos de coidado e mantemento de todo tipo de xardíns.

Aspectos clave para un axeitado rendemento da túa motoaixada

No que respecta ao seu desempeño, unha das chaves é un óptimo mantemento da nosa motoaixada. Isto vai redundar nunha maior seguridade e eficiencia á hora de realizar os traballos. Por iso, resulta imprescindible unha frecuente limpeza da nosa máquina e o seu correcto almacenamento, sobre todo se se traballou nun terreo seco e con moito pó.

Como limpar a nosa motoaixada?

Para limpar a súa parte exterior deberemos empregar un trapo ou un pincel enchoupado en gasolina para quitar a sucidade que se soe depositar no sistema de ventilación do motor. Pór en destaque tamén que unha óptima ventilación fará que a nosa motoaixada traballe moito mellor.

Como resumo, podemos dicir que as motoaixadas constitúen aínda a día de hoxe ferramentas imprescindibles nos labores relacionados co campo e a xardinería, sobre todo naquelas fincas de pequenas dimensións.

Unha ampla oferta poderá atopala na seguinte ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *