A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Monitorización do secado e uso de antibióticos con UNIFORM-Repro

Monitorización do secado e uso de antibióticos con UNIFORM-Repro

Secado dunha vaca

O período seco é unha fase crucial na vida produtiva da vaca leiteira. O obxectivo principal do secado é que a glándula se prepare para a próxima lactación a nivel fisiolóxico e, en caso de infección, se recupere e comece a nova lactación curada. É unha etapa que repercute na futura rendibilidade do animal.

Desde hai décadas investíganse estratexias e técnicas para mellorar os resultados do secado. Sábese que a maioría dos casos de mamites clínicas que aparecen ao longo da lactación débense a infeccións que ocorren no período seco ou infeccións da lactación anterior que persisten nesta etapa.

Lamentablemente, ao ser unha etapa improductiva para as vacas, na que non xeran ingresos directos, en moitos casos non se presta toda a atención que se debería ás vacas secas. Sen embargo, como a recría, as vacas secas deben entenderse como un investimento: non dan beneficios na actualidade, pero o manexo que se faga con elas vai repercutir no leite que produzan no futuro e, por tanto, vai determinar que sexan máis ou menos rendibles.

No programa de xestión de explotacións UNIFORM-Repro, ademais de poder rexistrar os datos diarios relativos a mamite e secado, existen unha serie de menús dedicados en exclusiva á xestión do secado. Son ferramentas analíticas que poden servir de gran axuda para implementar melloras e facer seguimento dos cambios para saber se ditas melloras ou protocolos que establecemos xurdiron efecto na granxa en cuestión e se, en definitiva, aumentarán a produtividade.

Rexistro de datos ao secado:

Para empezar, nos axustes xerais do programa establécese a duración do período seco na explotación e que valores de reconto de células somáticas (RCS) máximos permítense para vacas e para primíparas.

Xeralmente, cada vaca recibe un tratamento de secado en función de cal sexa a súa historia clínica durante a lactación. Con UNIFORM-Repro é posible axustar tratamentos preestablecidos en función das características de saúde do ubre do animal ao secado (Figura 1). Unha vez establecido este axuste, na lista predefinida de animais para secar aparecerá a recomendación de tratamento para cada vaca (Figura 2).

Figura 1. Detalle do cadro de axustes para secado en UNIFORM-Repro:

UNIFORM_REPRO_1

Figura 2. Listado predefinido de animais a secar cos tratamentos correspondentes:

UNIFORM_REPRO_2

Unha vez realizado o secado, o seu rexistro no programa é moi áxil, desde o menú de eventos diarios pódese facer de forma individual (Figura 3) ou en grupo (Figura 4). Pódese rexistrar a acción de secado e o tratamento aplicado.

Figura 3. Rexistro de secado a nivel individual:

UNIFORM_REPRO_3

Figura 4. Preselección sinxela dun grupo de animais a secar con requirimentos de antibiótico:

UNIFORM_REPRO_4

Análise dos datos e estratexias de secado

Cada granxa é un mundo e no que refire a saúde e benestar das vacas é mellor analizar cada rabaño coas súas circunstancias, decidir en función da situación e valorar os resultados obtidos tras as decisións tomadas.

Figura 5. UNIFORM-Repro ofrece menús referentes aos resultados de Reconto Celular, mamite clínica e de secado, interesantes para valorar a efectividade das estratexias aplicadas: 

UNIFORM_REPRO_5

No menú de análise do reconto celular, tense acceso tanto a unha táboa coa información en detalle dos 6 últimos RCS do rabaño como a unha serie de gráficos. Na táboa, os casos de mamite clínica aparecen marcados cunha barra vertical vermella. Os animais con cambios no primeiro RCS postparto tamén aparecen marcados:

-RCS postparto elevado (por encima do máximo aceptable, considerado infección durante o período de secado): vermello
-RCS por baixo do máximo aceptable tras RCS elevado ao secado (curada): verde
-RCS que se mantén elevado tras RCS elevado ao secado (crónica): morado

Para facilitar a análise ao usuario, estes códigos de cores mantéñense no menú de análise de secado, que comentaremos máis adiante.

Nesta táboa tamén se pode analizar o número de controis que cada animal tivo un RCS elevado ao longo da lactación e que porcentaxe representa o último RCS sobre o total do rabaño.

Os gráficos deste apartado ofrecen información tanto do último RCS como da evolución da saúde da ubre do rabaño. Son destacables o gráfico de novas infeccións por control, que non deberían superar o 5%, e o gráfico do primeiro RCS postparto, que mostra os resultados de primíparas e multíparas. Estes gráficos dannos información da efectividade do secado, posto que a maioría das infeccións ocorren nesa etapa e exprésanse clinicamente ao comezo da lactación.

Na análise de mamites tamén se pode avaliar a efectividade do secado, xa que ofrece unha gráfica que mostra a incidencia de mamites en función de diversas variables, unha delas é os días despois do parto. Así, é moi sinxelo pescudar un dos Indicadores de Saúde na Ubre: a incidencia de mamite nos primeiros 100 DO e se os casos de mamite reinciden.

Figura 6. Gráfica de análise de mamite por días en leite. nesta granxa a incidencia de mamite (barras en verde) é menor ao comezo da lactación con respecto a estados máis avanzados:

UNIFORM_REPRO_6

Por último, UNIFORM-Repro inclúe o menú exclusivo de análise de secado, con gráfico e táboa dos resultados do secado por mes, que permite estudar a evolución de Indicadores de Saúde na Ubre (taxa de novas infeccións ao parto, curacións e cronificacións).

Figura 7. Gráfico de resultados de secado no primeiro RCS postparto coas correspondentes taxas de vacas sas, curadas, novas infeccións e crónicas. Os períodos de inicio e fin, así como os axustes de RCS son personalizables:

UNIFORM_REPRO_7

Figura 8. Detalle da táboa de resultados de secado. Neste caso, en todo un ano, o 72% dos animais iniciaron a lactación sans:

UNIFORM_REPRO_8

Tamén está dispoñible unha comparación na recuperación postparto en función da última produción coñecida ao momento do secado.

Figura 9. Gráfico de análise de RCS ao secado (barras raiadas) e postparto (barras lisas) en función dos litros producidos ao secado (barras anchas azuis):UNIFORM_REPRO_9

Novos retos para o sector. redución do uso de antibióticos:

Posto que UNIFORM é un programa en continuo desenvolvemento e moi estendido noutros países como Holanda e Alemaña, onde xa se aplica a nova normativa de redución de uso de antibióticos e practícase o secado selectivo desde hai tempo, o menú de análise de secado ofrece unha comparación da eficacia de tratamentos ao secado.

Figura 10. Comparación de eficacia de tratamentos utilizados para secado no último ano. Para cada tratamento indícase o número de animais aos que se lles aplicou:UNIFORM_REPRO_10

Contacto:

UNIFORM-Agri ESPAÑA
ventas@uniform-agri.com
+34 695 45 67 35
www.uniform-agri.com/es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *