millasur madrid 2

Millasur presenta en Madrid a maquinaria de xardinaría máis avanzada

A empresa galega Millasur acaba de celebrar o Madrid Open Show 2019, un evento no que os profesionais do gremio probaron e coñeceron en profundidade a mellor maquinaria de xardinaría profesional do sector da man de Ferris, Agria e Först.

Do mesmo xeito que o ano pasado, desde Millasur realizaron o Madrid Open Show “2019”, xornada na que empresas de mantementos de parques e xardíns, concellos, fomento, etc. puideron probar e testear maquinaria de carácter profesional da man de Agria, Ferris e Först, marcas das cales Millasur é distribuidor oficial para España e Portugal.