A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Millares Torrón, referencia en primeiras marcas e en atención posventa

A firma lucense, especializada en maquinaria agrícola, destaca polo seu servizo de recambios e asistencia técnica , con arredor de 30.000 referencias en stock permanente, e por un equipo técnico de 22 persoas

Millares Torrón, referencia en primeiras marcas e en atención posventa

Vista xeral das instalacións de Millares Torrón, na N-540, en Lugo.

A empresa lucense de maquinaria agrícola Millares Torrón, con 45 anos de historia, consolidou na última década unha aposta por marcas de calidade e polo coidado do servizo posventa. A súa plantilla medrou de xeito progresivo ata as 22 persoas da actualidade, un equipo en permanente formación orientado a dar un axeitado servizo técnico. A firma dispón ademais dunha sección de recambios con arredor de 30.000 pezas en stock permanente, o que lle permite ofrecer unha resposta rápida ante calquera incidencia.

O xerente da empresa, José Ángel Millares, salienta a evolución da firma cara marcas de calidade en todos os ámbitos nos que opera, tanto no sector agrícola e gandeiro como en xardinería e forestal. En traballo agrícola, Millares Torrón conta con marcas punteiras como Krone en forraxe e Amazone en equipos de sementeira e laboreo. Tamén ten a representación para toda Galicia das encintadoras ALZ e traballa asimesmo coa marca irlandesa de encintado Tanco

“O mercado de maquinaria de forraxes é na actualidade o máis activo no sector agrícola, con demanda alta en equipos de sega, rotoempacadoras ou autocargadores” -valora José Ángel Millares.- “Outra gama que está a xerar moito interese son as manipuladoras telescópicas, que traballamos coa casa JCB. A comodidade, rapidez e prestacións das telescópicas está facendo que moitas explotacións estean incorporándoas”, salienta.

Equipos de Krone e Amazone en Millares Torrón.

Equipos de Krone e Amazone en Millares Torrón.

A tradicional referencia do mercado de maquinaria agrícola, o tractor, atravesa uns últimos anos cun estancamento de vendas, se ben as liñas que mellor saída presentan son as de maior potencia, con tractores de 200-300 cabalos para forraxes ou para labores forestais de trituración, destacan en Millares Torrón, que comercializa as marcas de tractores Valtra e JCB.

A filosofía da empresa centrouse nos últimos anos en consolidar o traballo con marcas líderes e en ofrecer un áxil servizo técnico posventa, con persoal formado que atenda ós novos retos da electrónica e dixitalización dos equipos. Conta ademais cun servizo de recambios con arredor de 30.000 referencias en stock permanente, tanto para as marcas que comercializa como para o resto de firmas do mercado.

A asesoría ó cliente é outro dos piares que resalta José Ángel Millares. “Cada cliente é un mundo. Hai que escoitalo para saber o que necesita e que é o que mellor lle pode encaixar. Non hai que mercar equipos con prestacións en exceso, ás que non se lles vai sacar partido, pero tampouco quedarse curtos”, valora.

Quads Can-Am.

Quads Can-Am.

Xardinería e quads
Millares Torrón, que tivo de sempre no sector agrícola o seu principal mercado, potenciou nos últimos anos as súas liñas de xardinería e de quads, dous sectores cunha demanda crecente. “En quads traballamos desde o 2007 coa marca Can-Am, que é punteira a nivel mundial, e fomos crecendo en vendas ano a ano, ata o punto de chegar a ser o concesionario número 1 en vendas a nivel de toda España”, destaca José Ángel.

En xardinería, a demanda céntrase en tractores cortacéspede, nos que Millares traballa coas marcas Cub Cadet e Iseki.

Forestal
Outra liña que está gañando peso no traballo da empresa lucense é o forestal, con marcas como a finlandesa Kesla, especializada en remolques e grúas forestais, ou FAE, unha casa de trituradoras forestais da que Millares Torrón é importador para todo o norte de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *