A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Matilda: Un novo avance no encalostrado dos becerros

Matilda, fabricada pola multinacional estadounidense DairyTech, é unha máquina que pasteuriza o costro e que co seu avanzado sistema de bolsas Perfect Udder® permite que dunha forma rápida e sinxela o costro estea dispoñible en todo momento e en óptimas condicións. Así é como funciona

matilda fotoO encalostrado é un paso clave na recría: é o primeiro aporte nutritivo e de defensas naturais que recibe o becerro da nai. De que o costro se administre no momento e na cantidade e temperatura adecuada e, sobre todo, que estea libre de patóxenos, dependerá a saúde da becerra e mesmo da futura xovenca, tal e como conclúen os últimos estudos científicos.

Neste sentido, a multinacional estadounidense DairyTech, cunha longa e acreditada traxectoria no sector, acaba de sacar este ano ao mercado a Matilda, unha máquina que non só pasteuriza o costro, senón que co seu avanzado sistema de bolsas Perfect Udder® permite que dunha forma rápida e sinxela o costro estea dispoñible en todo momento e en óptimas condicións. O seu distribuidor oficial en España é a empresa Develatt.

Estas son as grandes vantaxes de Matilda:

É pequena: Mide 79 cm x 56 cm x 64 cm

Fácil manexo: O seu control de pantalla táctil, fácil de usar, fai que o funcionamento sexa sinxelo. Seleccione o seu programa (pasteurizar costro recén muxido e baixalo a 38 graos para darllo ao tenreiro, desconxelar costro e quentalo a 38 graos; pasteurizar costro e baixalo a 18 graos para gardalo…etc) e Matilda ocúpase do resto, e pode facelo en múltiples idiomas.

Pódese controlar desde o teléfono móbil: A conectividade Bluetooth permítelle programar desde o seu teléfono e devólvelle a información do sistema da mesma maneira.

Mantemento sinxelo: a tecnoloxía de autodiagnóstico de Matilda supervisa o seu motor, resistencias de quecemento e outros compoñentes comúns para a notificación de reparacións ou erros do sistema dispoñibles con monitoreo remoto de Dairy Tech

Envío fácil e rápido: Matilda envíase por paquetería en 24 h directamente á porta da súa gandaría. Conéctea á auga e á corrente e ela estará lista para traballar para vostede e para os seus tenreiros.

Pequena pero de alto rendemento: Matilda pode procesar até 8 litros de costro á vez en bolsas especiais para o manexo de costro Perfect Udder®, tamén fabricadas por DairyTech.

Un costro libre de patóxenos: Ademais, Matilda realiza unha pasteurización lenta do costro, a unha temperatura de 60 graos durante 1 hora, o que permite que preserve as inmunoglobulinas e demais compoñentes beneficiosos do costro.

Pola contra, Matilda elimina todos os patóxenos principais (Salmonella, Johne´s, E Coli, S. Aureus, Mycoplasma, etc) que se poden transmitir da nai ao xato a través do calostro.

Fabricada por unha empresa referente en Estados Unidos: Desde 1999, os pasteurizadores Dairy Tech, Inc. utilizáronse en case todos os estudos universitarios e ensaios de campo nos Estados Unidos relacionados co leite de descarte e o costro materno.

Bolsas que evitan contaminación do costro e facilitan a súa administración: As bolsas para manexo de costro Perfect Udder® son a solución para o manexo do costro, desde a recolección até a alimentación, sen o temor dunha
nova contaminación.

Están dispoñibles en tres volumes, con doses específicas para cada tipo de tenreira:

– 4 litros para tenreiros de 40kg
– 3 litros para becerros de 30kg
– 2 litros para a segunda toma de costro.

Os puntos claves para un bo encalostrado dos xatos:Folleto_Matilda_Perfect Udder-02

Como pedir unha Matilda?

Na páxina web de Animal Vit

Chamando ao teléfono 633 155 126 ou enviando un email a   [email protected]

image_print

Una idea sobre “Matilda: Un novo avance no encalostrado dos becerros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información