A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Manto Maquinaria, novo concesionario oficial New Holland

Manto Maquinaria, novo concesionario oficial New Holland

Inauguración das instalacións de Manto Maquinaria.

New Holland conta cun novo concesionario oficial en Galicia, Manto Maquinaria, en Lugo. O acto de inauguración do concesionario, celebrado o pasado 19 de xaneiro, foi presidido polo conselleiro delegado de Manto Maquinaria, Manuel Durán, que estivo acompañado por Riccardo Angelini, director xeral de New Holland en España; Alessandro Maritano, vicepresidente de New Holland para Europa, África e Oriente Medio, e diversas autoridades do ámbito local e provincial.

Tras agradecer a presenza de todos os asistentes, Manuel Durán abriu a quenda de intervencións destacando o importante papel de todo o seu equipo na posta en marcha deste novo proxecto e dando as grazas a New Holland pola confianza depositada na súa empresa.

O director xeral de New Holland en España, Riccardo Angelini, respondeu ó agradecemento de Manuel Durán lembrando que “son moitos anos xa os que levamos traballando xuntos e amosástesnos un gran exemplo de negocio coa distribución das nosas picadoras de forraxe. Neste mesmo camiño de éxito debemos seguir traballando, transmitindo aos clientes o noso principal valor engadido: o trato directo coas persoas, algo que non dicimos soamente en palabras, senón que demostramos con feitos”.

manto maquinaria estandar portada

Alessandro Maritano, vicepresidente de New Holland para Europa, África e Oriente Medio, insistiu nas mesmas ideas que o seu compañeiro, destacando que “a apertura deste novo concesionario é para nós a consecución do soño New Holland, o de presentar os nosos produtos directamente aos clientes, mellorar a nosa presenza neste territorio e conseguir a maior proximidade con todo o sector”.

Maritano quixo facer un recoñecemento especial ao pai fundador do grupo empresarial, Antonio Durán López, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa, detalle que foi aplaudido por todo o público. Quen tamén participou no acto inaugural foi a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que subliñou o carácter emprendedor da familia Durán: “Sodes un exemplo para o sector empresarial da cidade de Lugo, a xeración de emprego e o compromiso coa sociedade lucense”.

A estas palabras sumouse o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, quen expresou que “proxectos como este atenden as necesidades do sector agrogandeiro da provincia”. Carballo engadiu: “A unión da calidade e a experiencia fará de vós un referente en todo o norte de España”. Pola súa banda, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, manifestou que “con empresas como esta, que inauguramos hoxe, facemos posible outro dos obxectivos principais para o medio rural da provincia, como é a modernización e a mellora de todo o sector”.

Entrega dunha placa de recoñecemento a Antonio Durán.

Entrega dunha placa de recoñecemento a Antonio Durán.

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, felicitou unha vez máis aos creadores de Manto Maquinaria e acentuou o valor que ten para a Universidade “contar de preto con empresas privadas que leven a cabo todo o coñecemento sobre maquinaria agrícola e o mundo agrario, gandeiro e forestal que tratamos de difundir nas nosas aulas”.

Manuel Durán finalizou o acto agradecendo unha vez máis a New Holland pola “confianza depositada en nós”, materializada neste acordo de distribución, e fixo fincapé en que Manto Maquinaria pon o seu “coñecemento do sector da maquinaria agrícola ao servizo dos profesionais, tentando dar resposta ás súas necesidades dun xeito serio, eficiente, rápido e próximo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *