A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 50 asistentes en Paradela á xornada sobre o Plan Kaliber de De Heus

Máis de 50 asistentes en Paradela á xornada sobre o Plan Kaliber de De Heus

De Heus Nutrición Animal, xunto a Dislofer (distribuidor da compañía), celebrou o 11 de setembro no concello lucense de Paradela a “Xornada técnica Kaliber Potenciando o futuro”, á cal acudiron máis de 50 asistentes.

Esta xornada iniciouse coa intervención de Gonzalo Flores Calvete, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), que disertou sobre a importancia da rotación de cultivos na produtividade dos ensilados de verán. “Unha das cuestións máis importantes, é analizar o impacto que ten a elección dos cultivos de inverno no rendemento das forraxes de verán que se utilizan para silo”, comentou.

En segundo lugar, Mª Dores Báez e Mª Isabel García, ambas as investigadoras de CIAM, falaron sobre a importancia da preparación das terras antes da sementeira e a interpretación dos resultados de análises para escoller o abonado correcto.

Alberto Quiñoy, delegado comercial de Advanta Seed Ibérica, tamén participou na xornada, realizando un relatorio sobre cultivos forraxeiros e as novas alternativas en variedades de semente.

Por último, Jose Mª Viana, veterinario especialista en vacún de leite de De Heus, falou sobre o “Plan Kaliber de recría de xovencas”, a intensificación dos sistemas de recría e os resultados do plan. “Cada vez son máis os gandeiros que implantan o plan nas súas granxas e os resultados nótanse. Estamos a conseguir excelentes resultados en termos de crecemento e desenvolvemento”, concluíu.

O broche da xornada foi a comida do restaurante Rio Loio, en Portomarín, á que asistiron máis de 30 persoas. Foron unhas xornadas de gran participación, dinámicas e instructivas.

O próximo evento no que estará presenta De Heus, será o 40º Concurso Nacional da Raza Frisoa cun stand no cal poderán informar os asistentes de todos os avances da compañía neste último ano e os plans que teñen en marcha.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información