A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 150 gandeiros interésanse en Lugo polo programa de recría de xovencas de De Heus e MSD

Máis de 150 gandeiros interésanse en Lugo polo programa de recría de xovencas de De Heus e MSD

De Heus Nutrición Animal e MSD Animal Health organizaron o pasado xoves, 1 de marzo, un encontro sobre o Plan Kaliber de recría de xovencas, en Lugo, con gran éxito de convocatoria. O obxectivo era achegar aos máis de 150 gandeiros e veterinarios presentes no Hotel Coto Real, en Rábade, este programa específico para axudar ás xovencas durante o seu crecemento, seguindo a estratexia de alimentación máis óptima e adecuada á situación empresarial concreta de cada criador.

As intervencións correron a cargo de persoal de De Heus Nutrición Animal e MSD Animal Health: Jose María Viana, Key Account Manager de De Heus, disertou sobre o impacto da eficiencia dos sistemas de recría nos resultados económicos das granxas e destacou as claves para conseguir unha Novilla Kaliber.

Pola súa banda, Ramiro Fernández Vuelta, Product Manager Dairy Rumiants De HEUS, falou sobre a intensificación de programas de Recría de Novillas e presentou o Plan Kaliber de Recría e resultados dos ensaios realizados por De Heus con Lactoreemplazante Kaliber Lacto Premium. En representación de MSD Animal Health interviñeron Carlos Carbonell, Técnico SFA de campo de vacún de leite de MSD, e Antonio Díez, Xerente de Grandes Contas da firma, quen disertaron sobre estratexias de manexo nos primeiros días de vida, prevención de enfermidades e o Programa Sanitario de MSD para Recría de Novillas.

Da xornada extraéronse conclusións como que a investigación demostrou que os animais que conseguen grandes desenvolvementos sen engrasamiento alcanzan maiores producións vitalicias. Para De Heus, Kaliber é un ambicioso programa de recría, baseado en anos de coñecemento e experiencia, céntrase nos 24 meses de vida do animal e está deseñado para recriar xovencas dunha maneira saudable e económica.

As xornadas, organizadas por De Heus Nutrición Animal e MSD Anmial Health, contaron coa colaboración de distribuidores da zona de Lugo: German López, distribuidor de Biona en Castro Rei; Viña Carreira, de Biona en Friol; para a mesma marca Jorge Freire (Pol) e Almacéns Balonga (Castro Verde), Manuel López, Distribucións Agrícolas Santos e Jaime González, distribuidores de Pasaranda en Friol, Cospeito e Castro de Rei, respectivamente; e para a marca Biona os distribuidores Fulgencio Casas (Castro Riberas), Jorge Durán (Guntín) e Álvaro Castosa (Cospeito).

ose María Viana, Key Account Manager de De Heus

ose María Viana, Key Account Manager de De Heus

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *