A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A liña Optisil: Os silos do século XXI

Para que o gandeiro sen perder calidade poida facer rendible a súa actividade coas estreitas marxes de beneficio que se obteñen coa venda do leite, é imprescindible reducir os custos de produción. Isto lévanos á necesidade de facer forraxes de calidade en xeral e máis particularmente a mellorar as características nutritivas dos silos de herba. Esta necesidade faise aínda máis perentoria en terras nas que os resultados do cultivo do silo de millo son pouco fiables debido á seca estival ou á alta densidade de xabaríns.

A realidade é que a herba entraña moitas máis dificultades para ensilar que o silo de millo: unha composición máis húmida, con menos promotores de azucres, máis proteína, máis terra e ademais co groso da súa colleita normalmente en épocas de máis choiva. Estes feitos impiden unha fermentación láctica (exactamente igual que a dun yogurt), onde a acidez preservaríaa do crecemento de bacterias non desexables.

Ao non baixar o pH dabondo, síntoma de que non se produciu a cantidade suficiente de ácidos, as altas porcentaxes de humidade, de terra e de proteínas favorecen o desenvolvemento dos clostridios que son produtores de aminas bioxénicas con nomes como cadaverina ou putrescina. Estes compostos son os responsables dos cheiros desagradables dos silos que tanto coñecemos e padecemos os que traballamos coas vacas. Ademais de diminuír o consumo de materia seca (pois loxicamente á vaca tamén lle provocan rexeitamento), son tóxicas para o fígado, coas súas consecuencias nunha vaca de alta produción. Estes clostridios directamente tamén poden causar unha toxinfección con mortes repentinas e sen apenas sintomatoloxía.

Ilustración 1 vista do clostridio con forma de escarvadentes de tambo cas súas esporas nos extremos

Ilustración 1 vista do clostridio con forma de escarvadentes de tambo cas súas esporas nos extremos

Na seguinte táboa pódese apreciar como é necesaria, canta máis humidade teña o silo, unha maior produción de ácidos e pH´s máis baixos. Ou o que é o mesmo: menos materia seca (MS). Por baixo destes pH´s teremos unha boa conservación e non deberiamos ter problemas de clostridios

OPTISIL_2

Recomendamos os cortes directos co presecado mínimo que obriga o proceso do ensilado

A finais do século XX as tácticas que se utilizaban eran ou ben subir a MS con altos presecados cando o tempo o permitía (para non facer tan necesaria a produción de ácidos) ou ben cando o tempo non permitía estes presecados, facer o corte directo coa adición de fórmico para baixar o pH dunha forma artificial.

Co presecado reducimos o valor nutritivo do silo, pois a planta queima azucres mentres está estendida no campo xa que cortada, segue respirando. Ademais, o proceso fai que a calidade da proteína global baixe (faise máis amoniacal a degradable e demasiado indixestible a non degradable). Á parte destas perdas nutritivas, o máis grave é que unha vez aberto o silo e debido á dificultade de compactación, vai penetrando aire ao interior. Isto favorece que fungos e fermentos se sumen á festa e sigan consumindo o silo, pois tamén se alimentan del producindo calor e facendo que o silo sexa rexeitado polos animais.

Se os fungos tivesen esta capacidade e as circunstancias para a súa produción fosen as desexables, a posible produción de micotoxinas agravaría moito máis o problema. A adición de fórmico, aínda que con bos resultados desde o punto de vista nutricional e de conservación, resulta moi irritante, causando moitos accidentes nos manipuladores e resultando corrosivo para a maquinaria.

No século XXI temos ferramentas que nos permiten ensilar a herba practicamente en calquera circunstancia, a condición de que podamos achegarnos ás pradarías coa maquinaría. Para non perder valor nutritivo e favorecer a compactación evitando así que medren fungos e fermentos recomendamos os cortes directos co presecado mínimo que obriga o proceso do ensilado. O nitrito sódico e a hexamina do Optisil Forgrass a doses adecuadas destrúen o clostridio e tamén as súas esporas, que son as formas de resistencia que usa para perpetuarse cando as circunstancias ambientais vólvenselle pouco idóneas.

Se as circunstancias atmosféricas ou a técnica da colleita abócannos a silos algo máis secos, próximos ao trinta por cento, usaremos o noso Optisil Protech: a acción antifúnxica do benzoato e o propionato únense á antibacteriana do nitrito sódico, unha solución de amplo espectro.

O noso equipo técnico comercial de XESGA e ADIAL realiza cursos de formación como os Talleres SILOAPRENDE para gandeiros e técnicos, analíticas especiais de conservación, prestación de aplicadores para os nosos conservantes e AUDITORIAS de silos cuxos resultados poño a continuación un exemplo:

OPTISIL_3 OPTISIL_4 OPTISIL_5 OPTISIL_6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *