A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Kuhn presenta 22 novidades orientadas á agricultura de precisión

A marca obtivo dous premios en Fima por un arado dotado de gps e pola mellora do sistema de distribución de fertilizante dunha das súas abonadoras ‘intelixentes’

Kuhn presenta 22 novidades orientadas á agricultura de precisión

Presentación das innovacións de Kuhn en Fima.

A firma Kuhn, posicionada como unha referencia en maquinaria de laboreo, sementeira e recolección, presentou na feira Fima un total de 22 novidades orientadas á agricultura do futuro. De entre as novidades, destacaron un arado con tecnoloxía gps e unha abonadora intelixente que mellora a eficacia na distribución do fertilizante. Ambas foron premiadas no certame de innovacións de Fima 2018.

O arado con gps Smart Plough permite a xestión individual e automática de cada un dos corpos, de xeito que ao chegar ó final da parcela se vaian levantando en cadea, evitando solapes e maniobras adicionais do conductor. O tractorista, ademais, non ten que estar pendente do izado dos corpos, pois o arado xestiónaos de xeito automático a partir das coordenadas que ten da parcela. A máquiina tamén permite que no caso de dificultades no arrastre, o conductor poida optar por levantar un ou dous corpos para mellorar o tiro.

Outra das novidades premiadas en Fima foi o sistema Speed Servo das abonadoras Axis. Este sistema, que funciona con motores eléctricos, mellora a dosificación do abono e a súa distribución en parcelas nas que se traballa cunha anchura variable. A abonadora dispón dun mapa de aplicación e adapta o reparto do abono ó contorno da parcela. O conductor define antes do inicio dos traballos a dose a aplicar e a anchura de traballo, podendo especificar distintas doses para cada zona dunha parcela. En base a eses datos, o tractorista só ten que ocuparse de conducir o tractor, en tanto a abonadora regúlase de xeito automático.

Pulverizadora arrastrada de 7.000 litros.

Pulverizadora arrastrada de 7.000 litros.

Balance e perspectivas
Kuhn, que pechou o 2017 cun aumento da facturación do 13,2 %, pensa que o ano 2018 vai ser bo a nivel mundial, aínda tendo en conta as incertidumes que introducen as últimas secas e a incerta evolución do prezo das commodities agrarias. “O crecemento da poboación mundial vai ser continuo nas próximas décadas, polo que necesitaranse máis alimentos nun contexto onde as terras agrarias e a dispoñibilidade de auga non aumentará. En consecuencia, precísase máis tecnoloxía na agricultura e máis rendementos”, valora a compañía.

Kuhn Electronics
Nese contexto, Kuhn presentou en Fima as súas últimas innovacións, un total de 22, así como os seus plans para aumentar as súas fábricas de maquinaria e para fortalecer o funcionamento do seu centro loxístico en Europa. No centro do stand da marca en Fima, destacaba unha sección adicada a ‘Kuhn Electronics’.

A marca está desenvolvendo solucións dixitais compatibles coas distintas marcas de tractores cun dobre obxectivo: afondar na agricultura de precisión e xerar datos que permitan a toma de decisións. “Eses datos estarán na nube e poderían mesmo ser accesibles nun futuro para as empresas ás que provee o agricultor, a fin de comprobar a trazabilidade do produto e outras cuestións”, destacan desde Kuhn.

Novidades
As innovacións presentadas por Kuhn en Fima inclúen avances nas principais gamas da firma, tanto en traballo do solo como en sementeira, abonado, distribución de fitosanitarios e recolección. No apartado de recolección, Kuhn presentou as súas últimas rotoempacadoras de cámara fixa e variable, dotadas de sistemas de encintado que cuidan os bordes e que permiten definir o número de capas. Tamén o rastrillo de tapiz ‘Merge Maxx 950’, orientado a grandes clientes, que recolle o produto cun ancho de 9,5 metros, o que que permite abarcar ata tres fileiras de sega. “É unha máquina que desfolla menos as leguminosas e cunha altura de traballo regulable. Introduce menos impurezas na forraxe, o que é importante, pois falamos do alimento do gando”, subliñan en Kuhn.

En sementeira destacan equipos como o ‘Venta 3030’, que inclúe unha grada rotativa de dobre disco, un de apertura de surco e outro de peche tras a caída da semente. A máquina vai equipada dun mapa de sementeira que permite unha distribución diferencial da dose na parcela, en función das características de cada zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *