A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Josilac® Ferm, o aliado contra o quecemento do silo de millo

josilacOs ensilados de millo de alta calidade e riqueza enerxética son a miúdo inestables e propensos a quecer e ao crecemento de mofos durante a retirada de material. Os fermentos e mofos aproveitan o osíxeno que penetra na pila aberta de ensilado e multiplícanse de maneira explosiva.

Con frecuencia, os danos afectan a unha gran superficie. Como consecuencia, prodúcense considerables perdas de alimento. Tamén nas capas máis profundas poden localizarse “puntos quentes” ou focos de mofos.

O osíxeno pode penetrar a través de canles de aire existentes (por exemplo, por unha mala compactación ou por unha retirada de material insuficiente ou que relaxe a compactación), nalgúns casos, até unha profundidade de varios metros.

As vacas leiteiras de alto rendemento, en especial, reaccionan de maneira moi sensible a ensilados requecidos e valorentos, reducindo a inxestión de alimento..

Ademais, os fungos prexudican gravemente a saúde dos animais debido á produción de toxinas. Por tanto, unha boa compactación é imprescindible, así como un avance na fronte do silo de polo menos 1,5 metro por semana no inverno e 2,5 metros no verán.

En tratamentos experimentais representados con millo para ensilado e a herba Lolium perennee, demostrouse claramente o efecto SAFETY producido por Josilac® Ferm reflectido a través dun maior contido de ácido acético, unha estabilidade aerobia claramente prolongada, así como un menor contido de fermentos e mofos en comparación cos controis sen tratar.

Vantaxes do produto:

-Bacterias lácticas heterofermentativas (Lactobacillus buchneri)

-Certificado pola DLG (Asociación Alemá de Agricultura) (2 = mellora a estabilidade aerobia)

Os seus beneficios:

-Un alimento fresco polo seu efecto SAFETY

-Gran flexibilidade e amplo ámbito de aplicación (MS 30-60 %), podendo empregarse para distintos tipos de alimento.

-Facilidade de uso polas pequenas cantidades requiridas (apropiado para volumes mínimos [ULV]) e a súa aplicación líquida.

-Gran seguridade polo certificado de calidade da DLG.

Máis información sobre o produto e onde mercalo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *