A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Jean- François Honoré, novo director xeral de De Heus España

Jean- François  Honoré, novo director xeral de De  Heus España

Jean- François Honoré, novo director xeral de De Heus España

De Heus nomea ao novo director xeral da súa sede en España, Jean- François Honoré, que releva a José Manuel García Díaz tras oito anos e medio á fronte da compañía.

Jean- François Honoré ocupará oficialmente o seu cargo de director xeral de España e Portugal o 31 de marzo e declara que “o prestixio dunha empresa como De Heus, o seu equipo de máximo nivel ou o seu alcance internacional, son algúns dos factores que me motivaron a aceptar este reto que afronto con gran ilusión”.

Con máis de 25 anos de experiencia en administración de empresas, desenvolvemento comercial e financeiro e análise estratéxico; antes de incorporarse ao grupo De Heus, entre 2002 e 2006 foi director xeneral do grupo francés Provimi para os mercados de Francia e Suíza e, posteriormente de Asia ata 2012. Despois formou parte de Cargill como director de desenvolvemento e xerente de área. Ademais, Honoré exerceu como vicepresidente da Asociación Francesa da Industria de Premezcla.

A súa formación radica na biotecnoloxía, agricultura, dereito e economía completando a súa educación en executive education na escola de negocios INSEAD.

Entre os seus principais propósitos destaca que “é importante continuar coa estratexia de crecemento e a implementación de marca en España para lograr que o sector da nutrición animal medre e mellore respondendo as inquedanzas da sociedade en materia de seguridade alimentaria, benestar animal e respecto ao medio ambiente”.

Honoré recolle a testemuña de José Manuel García Díaz non se antes subliñar a súa experiencia e coñecementos como elementos claves que foron fundamentais para sentar os alicerces do proxecto de De Heus en España, así como para materializar o crecemento tanto orgánico como inorgánico durante os últimos anos.

José Manuel García Díaz tomou a decisión de deixar De Heus para dedicarse a outras ambicións e oportunidades fóra da empresa e a compañía agradece a súa implicación e que sentase as bases do proxecto en España.

Sobre De Heus

Royal De Heus é unha empresa familiar fundada en 1911 en Holanda, que medrou ata converterse nunha das principais empresas da industria de pensos compostos a nivel mundial. De Heus é un dos principais operadores mundiais de pensos compostos e esfórzase por contribuír activamente ao desenvolvemento e progreso da actividade agropecuaria en todos os mercados nos que está presente. Ademais, opera en máis de 70 países mediante a exportación de concentrados e premezclas, principalmente a Europa do Leste, África, Medio Oriente e América do Sur.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *