A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Impex Europa lanza novos formatos de ‘Ratibrom’

A empresa galega, líder na península na comercialización de raticidas para uso doméstico e profesional, presenta estuches de 500 gramos e de 1 Kg. que se adaptan á nova normativa

Impex Europa lanza novos formatos de ‘Ratibrom’

Novas presentacións do popular 'Ratibrom'.

A nova normativa sobre raticidas obrigou este ano a modificar a formulación e presentación dos produtos existentes no mercado. Desde Impex Europa, a empresa galega fabricante do popular ‘Ratibrom’, lanzaron recentemente novas presentacións do seu raticida en estuches de 500 gramos (5 bolsas de 100 gramos) e de 1 quilo (10 bolsas de 100 gramos) que se adaptan á regulamentación existente.

Con estas presentacións, búscase que os consumidores que teñen que seguir unha estratexia de control de roedores, ben en explotacións agrogandeiras, ben en uso doméstico, poidan acceder ás cantidades de produto suficientes para cubrir as súas necesidades.

‘Ratibrom’ adaptouse tamén o pasado inverno á nova normativa que obriga a reducir as cantidades de principio activo (bromadiolona) do produto, que pasa dunha concentración do 0,005 a unha do 0,0029%. A empresa fixo probas para verificar o funcionamento do novo raticida e confirma que non se aprecia ningunha diferencia en relación ó anterior. “Simplemente o roedor ten que comer unha cantidade lixeiramente maior do cebo, pero iso non é problema, xa que temos un cebo de altísima apetencia, formulado con microfariñas de cereais e aceites vexetais”, destacan na empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *