A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL lanza o fertilizante ecolóxico Flecotec 4Smart

ICL lanza o fertilizante ecolóxico Flecotec 4Smart

Presentación dos novos fertilizantes de ICL en Fruit Attraction.

A firma ICL Specialty Fertilizers Iberia vén de lanzar importantes novidades, como o seu fertilizante granulado para produción ecolóxica, Flecotec 4Smart, ou a súa nova liña de fertilizantes líquidos para nutrición órgano-mineral, Nutri Liquid Macrogan. Estas innovacións foron presentadas na recente feira Fruit Attraction, que tivo lugar en Madrid.

Flecotec 4Smart é un fertilizante deseñado e certificado para o seu uso en agricultura ecolóxica. A súa maior novidade radica en que contén nutrintes de liberación progresiva e en formas asimilables polas plantas. A composición do Flecotec 4Smart inclúe azufre, calcio, potasio e magnesio.

O abono está producido en base a sal triple de sulfato de potasio, magnesio e calcio (extraído de mina), que se presenta en forma granulada cun método 100% ecolóxico en base a kieserita.

As vantaxas do novo fertilizante son claras: é unha fonte natural de nutrintes, libéraos progresivamente, evitando a súa fuga polas chuvias ou a auga, está certificado en agricultura ecolóxica e trátase dun produto granulado, de fácil aplicación.

Fertilizante líquido
Pola súa banda, Nutri Liquid Macrogan é unha nova liña de fertilizantes líquidos dentro da extensa e coñecida gama Nutri Liquid, composta por formulacións orgánico – minerales. Neste caso, o produto presenta un alto contido de materia orgánica de orixe vexetal, o que contribúe ó aumento da fertilidade do solo, promovendo o desenvolvemento dunha axeitada actividade biolóxica no mesmo.

Esta gama de abonos líquidos, pensada para fertirrigación, mellora ademais as propiedades físicas do solo, como a porosidade, a permeabilidade e a capacidade de retención de auga.

Os dous novos fertilizantes de ICL foron presentados recentemente en Fruit Attraction, unha feira na que a marca contou cun stand dinámico no que expertos e técnicos da compañía estiveron a disposición dos agricultores.

Vídeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *