O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, cualificou a “Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia” de Luis Paadín, cuxa edición de 2019 foi presentada hoxe na comarca, como “un referente” dos viños galegos”. Segundo sinalou, ten por tras “un traballo moi serio e riguroso que se evidencia, por exemplo, en que non admite publicidade de ningún tipo”
A edición do vindeiro ano contén 1.010 fichas de cata de viños de toda Galicia. No caso do territorio amparado valdeorrés, son 118 as marcas distinguidas procedentes de 34 adegas (19 Gran Oro, 67 Oro y 32 Plata), case o 80% do total, o que –segundo García Pando- “evidencia o poderío e a calidade dos nosos viños”.
Tendencia á alza dos viños catados
Pola súa banda, o coordinador da publicación, Luis Paadín manifestou na presentación que a Guía de 2019 é o resultado dun intenso ano de traballo de cata, documentación e redacción. Segundo se detalla na publicación, cada ano apréciase con maior intensidade “a diferenciación de cada terruño baseada máis no viñedo e menos nas prácticas enolóxicas, sen dúbida un reflexo das tendencias internacionais”. No caso de Valdeorras cobran especial relevancia “os grandes viños obtidos en viñas vellas”, tal e como destacou Paadín.
O coordinador da publicación puxo en valor “o claro respaldo por parte do sector produtivo de Galicia” posto que se ten rexistrado nos últimos anos unha tendencia á alza dos viños catados, “aumentando aproximadamente nun 20% en cada nova edición da Guía”. A publicación conta con máis de 200 mecenas e da edición de 2019 téñense editado 2.000 guías, das que aproximadamente 1.100 xa están prevendidas.
Viños da DO. Valdeorras distinguidos:
GRAN ORO (19) |
200 Cestos de A Coroa 2016 |
A Coroa Ladeira Vella 2015 |
As Sortes Val do Bibei 2017 |
Avancia 2017 |
Escada 2016 |
Escada Lembranzas 2015 |
Fardelas de Viñaredo 2015 |
Finca A Mata 2015 |
Godeval 1986 2017 |
Guitián +50 Meses 2011 |
Lagar do Cigur Garnacha Tintureira 2013 |
Maldito 2016 |
Memoria de Ventura Garnacha Tintureira 2015 |
O Luar do Sil Fermentado en Barrica 2015 |
O Tesouro 2016 |
Sampayolo Garnacha Tintureira 2017 |
Sorte O Soro 2016 |
Traste 2016 |
Vella da Chaira do Ramiriño 2016 |
ORO (67) |
A Coroa Lías 2016 |
A Costiña 2015 |
Alán de Val Tinto 2017 |
Alán de Val Castes Nobres 2014 |
As Lindes Blanco 2016 |
Avancia Cuveé de O Blanco 2017 |
Avancia Cuveé de O Tinto 2017 |
Bancales Moral 2015 |
Bioca Blanco 2016 |
Brinde Reserva Brut 2014 |
Casal Novo Blanco 2017 |
Castelo do Papa Blanco 2016 |
Cepado Blanco 2017 |
Cepado Black Edition Lías 2017 |
Codos de Larouco Tinto 2016 |
Cova Baladal 2016 |
D’Berna Blanco 2017 |
D’Berna Tinto 2017 |
D’Berna Barrica Tinto 2015 |
D’Berna Lías 2017 |
Domus 2014 |
Erebo Blanco 2017 |
Fernando González 2017 |
Finca Trasdairelas 2017 |
G del Galir 2014 |
Godeval 2017 |
Godeval Cepas Vellas 2017 |
Guitián 2017 |
Guitián Acacia 2012 |
Guitián Fermentado en Barrica 2015 |
Guitián Sobre Lías 2017 |
Guitián Vendimia Tardía 2011 |
Hacienda Ucediños Tinto 2017 |
Joaquín Rebolledo Blanco 2017 |
Joaquín Rebolledo Tinto 2017 |
Joaquín Rebolledo Barrica 2016 |
José Aristegui Blanco 2017 |
José Aristegui Tinto 2017 |
Lagar do Cigur Blanco 2017 |
Lomas de Fontei Tinto 2016 |
Louro do Bolo 2017 |
Mil Ríos Barrica 2014 |
Mil Ríos Godello 2016 |
Montenovo 2016 |
O Luar do Sil Sobre Lías 2016 |
Pagos del Galir Blanco 2017 |
Pagos del Galir Selección Rosa Rivero 2014 |
Pedrazáis Tinto 2015 |
Pedrazáis Sobre Lías Blanco 2017 |
Quinta da Peza Oro Barrica 2016.293 |
Sampayolo Blanco 2017 |
Sampayolo Tinto 2017 |
Sampayolo Barrica Tinto 2015 |
Secretos Tinto 2017 |
Trebón 2015 |
Valdesil Lías 2015 |
Verdes Castros Godello 2016 |
Vía XVIII 2016 |
Viña Abad Summum 2016 |
Viña Corzo Tinto 2015 |
Viña Corzo Blanco 2016 |
Viña Costeira Mencía 2016 |
Viña de Fornos Blanco 2017 |
Viña de Fornos Tinto 2017 |
Viñaredo Blanco 2017 |
Viñaredo Barrica Castes Nobres 2014 |
Viñaredo Tostado 2013 |
PLATA (32) |
Alán de Val Blanco 2016 |
Alento 2017 |
A Rúa Blanco 2017 |
Can do Sil Blanco 2016 |
Can do Sil Tinto 2016 |
Casal Novo Tinto 2017 |
Dona Delfina 2016 |
Ededia 2016 |
Erebo Tinto 2016 |
Finca A Coronela 2016 |
Hacienda Ucediños Blanco 2017 |
Hacienda Ucediños Barrica 2016 |
Ladeira do Sil Tinto 2016 |
Lagar do Cigur Tinto 2017 |
Memoria de Ventura Blanco 2017 |
Neno 2017 |
Pagos del Galir Tinto 2016 |
Pedrazáis Barrica Blanco 2015 |
Pingadelo Blanco 2017 |
Pingadelo Tinto 2017 |
Quinta da Peza Mencía 2017 |
Sampayolo Barrica Blanco 2015 |
Secretos Blanco 2017 |
Teixadal de Casaio 2016 |
Valderroa 2015 |
Valdouro 2015 |
Verdes Castros Mencía 2016 |
Vía Nova Blanco 2017 |
Vía Nova Tinto 2017 |
Viñaredo Tinto 2017 |
Viñaredo Barrica Tinto 2015 |
Viñaredo Barrica Selección Blanco 2016 |