A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandaría Cotelo SAT: Experiencia positiva no uso de Vizura®

Gandaría Cotelo SAT, unha granxa de 120 vacas en muxido do municipio coruñés da Laracha, obtivo uns resultados “sorprendentes” en pradaría co emprego de Vizura® no xurro. Explican como foi a súa experiencia

Gandaría Cotelo SAT, situada no termo municipal da Laracha, A Coruña, é unha empresa familiar formada por tres irmáns que contan na actualidade con 240 vacas, das cales 120 están en muxido.

Óscar Cotelo é responsable da explotación xunto cos seus dous irmáns José Manuel e Carlos. A súa granxa conta cunha base territorial de 75 hectáreas das cales 55 son destinadas ao cultivo de millo forraxeiro e 20 hectáreas a pradaría.

Contan cunha balsa de xurro con capacidade para almacenar 1,7 millóns de litros. Son conscientes que deberían dispor de máis almacenamento de xurro para poder abonar as súas leiras con fertilizante orgánico, e están a traballar nesta liña para reducir todo o posible os abonados químicos e así minimizar custos de produción.

Neste sentido, en Cotelo SAT están convencidos que para reducir custos de produción hai que estar atentos ás novas tecnoloxías que presentan as empresas e consideran que Vizura® será unha tecnoloxía clave para a xestión óptima do xurro nas explotacións gandeiras.

O xurro é moi rico en amonio, pero parte deste amonio pérdese de modo que menos dun 50% do nitróxeno queda dispoñible para o cultivo. Esta perda de nitróxeno débese á acción das nitrosomonas, unhas bacterias presentes no solo que son as responsables do proceso de nitrificación (paso de amonio a nitrito e nitrato, que son as formas que se perden no medioambiente en forma de gases de efecto invernadoiro á atmosfera e en forma de nitrato por lixiviación ás augas subterráneas). Estas perdas poden ocorrer mesmo nunha semana dependendo da temperatura do solo e da temperatura ambiente.

Neste sentido, Vizura® é un inhibidor da nitrificación que estabiliza o amonio do xurro, de modo que o nitróxeno queda dispoñible para o cultivo cando este máis o necesita

Óscar Cotelo comenta que “despois de ver os beneficios achegados por Vizura®, estamos convencidos que debemos xestionar mellor os nosos recursos propios”. “Na nosa explotación non estabamos a realizar ningunha analítica de xurro nin tiñamos un criterio definido no uso eficiente do nitróxeno, así que o técnico de BASF propúxonos facer unha demostración na nosa explotación”, explica.

“Primeiramente, analizouse a calidade de N-P-K do xurro (obtívose unha concentración de 4,04-1,34- 4,70, respectivamente), e en base á analítica, o técnico de BASF recomendou a cantidade de xurro (en m3) que necesitabamos para o cultivo de pradaría. Aplicamos Vizura® á cisterna do xurro (3l/ha de Vizura®) e os resultados foron sorprendentes. A diferenza saltaba á vista. Notamos que a pradaría enraíza moito mellor ao dispor de máis nitróxeno no solo, ademais do incremento de produción que foi maior. Agora si que estamos convencidos de Vizura® e usarémolo agora no millo”, destaca este gandeiro.

vizura3

“Os resultados de Vizura® en pradaría foron sorprendentes e agora utilizarémolo en millo”

Desta forma, con Vizura® conseguiron en Gandaría Cotelo SAT estabilizar o nitróxeno do xurro, co que se pode reducir ou substituír por completo o nitróxeno da fertilización química, co consecuente aforro do elemento fertilizante máis caro no mercado.

Ademais do aforro de insumos que supón non ter que aplicar un fertilizante mineral, Vizura® xera un incremento de entre o 5 e o 7% da materia seca producida respecto dun xurro sen tratar con este produto.

“A nosa experiencia con Vizura® foi moi positiva -continua Óscar- e recomendamos sen dúbida a súa utilización para así estabilizar o nitróxeno e que os cultivos dispoñan deste macronutriente no momento de maior demanda. Estamos a valorar a posibilidade de instalar na nosa cisterna un dosificador de Vizura® para poder ser máis eficientes no uso destas novas tecnoloxías”, conclúe Óscar Cotelo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información